LIBRO DE NACHO CARRETERO

O libro "Fariña" véndese no mercado de segunda man a prezos que chegan a alcanzar os 300 euros

15191589628264_result
photo_camera Portada do libro "Fariña", do galego Nacho Carretero.

A editorial asegura que "aínda segue habendo" exemplares en librarías ao "prezo habitual"

O libro 'Fariña' véndese en plataformas e aplicacións dixitais dedicadas á venda de segunda man a prezos que chegan a alcanzar os 300 euros.

A publicación, cuxo secuestro foi ordenado a través dun auto polo Xulgado de Collado Villalba, véndese nestas plataformas a prezos superiores aos 50 euros, aínda que "aínda segue habendo en librarías" ao "prezo habitual", segundo confirmaron fontes da editorial responsable, Libros del K.O.

Estas fontes aseguraron que este venres "aínda" non chegara a orde de secuestro, polo que o libro "pódese seguir adquirindo" en formato físico e en formato dixital. Respecto desta última opción, lembraron que se trata dun formato que "non se esgota" e que está dispoñible nas distintas plataformas dixitais.

Desde a editorial sinalaron que a raíz do auto do Xulgado rexistraron un "repunte moi importante nas vendas" de libro, que se atopa na súa décima edición.

Ademais explicaron que do libro está publicada a décima edición, e desde que se puxo á venda a primeira edición, vendéronse máis de 30.000 exemplares, contabilizados até hai aproximadamente un mes. A primeira edición de 'Fariña' publicouse en setembro de 2015.

Te puede interesar