SUCESO LUGO

Localizada falecida unha octoxenaria desaparecida este venres en Cervantes, Lugo

Os servizos de emerxencias atoparon o corpo sen vida da muller de 80 anos que desapareceu este venres do seu domicilio no lugar de San Martiño das Cañadas, en Cervantes (Lugo)

En concreto, foi localizada sobre as 17.00 horas nun souto a 300 metros da súa casa por grupos de voluntarios e membros do Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES) de Becerreá, como parte dun operativo despregado xunto á Garda Civil. Un veciño solicitara axuda esta madrugada ao 112 Galicia, que á súa vez solicitou a colaboración de diversas agrupacións e efectivos para localizar á desparecida.

Te puede interesar