GALICIA

Máis de 16.100 persoas faltan a traballar cada día sen baixa médica en Galicia

O estudo, realizado pola empresa de recursos humanos Randstad, revela que máis de 51.000 profesionais en Galicia non acoden ao seu emprego diariamente, o que supón un custo de 2.895 millóns de euros

Unha media de 16.100 persoas faltan a traballar cada día sen baixa médica en Galicia, de acordo co estudo realizado pola empresa de recursos humanos Randstad.

Este dato, engade, é o equivalente ao 1,5% dos ocupados na comunidade galega. Se se analiza este fenómeno no seu conxunto, incluíndo tanto o absentismo con baixa médica como sen ela, o informe sinala que máis de 51.000 profesionais en Galicia non acoden ao seu emprego diariamente, o que supón, segundo os seus cálculos, un custo total de 2.895 millóns de euros.

No conxunto estatal, a análise de Randstad Research indica que 247.000 profesionais faltan ao seu posto de traballo cada día sen baixa médica en España, o equivalente ao 1,3% dos ocupados. Esta cifra ascende até os 820.000 cando se ten en conta tanto o absentismo con baixa médica como sen ela, o que supón un custo anual de 50.200 millóns ás compañías españolas, de acordo coas súas estimacións.

Un dos aspectos que máis chama a atención para os autores do documento é a diferenza no absentismo laboral en función da rexión na que o profesional desenvolve a súa actividade.

Neste sentido, o estudo recolle que País Vasco, Castela e León e Asturias son as comunidades con maiores taxas de absentismo, todas elas con índices próximos ao 5%.

Os menores niveis localízanse na Rioxa, Castela-A Mancha e Comunidade Valenciana, con taxas por baixo do 4%. Galicia, pola súa banda, sitúase xusto no 4,8%.

Con todo, cando se fai referencia ao absentismo sen baixa médica, estes cocientes varían. Neste caso, as autonomías do norte da península teñen taxas máis elevadas que as do centro e sur.

Castela e León, País Vasco, Galicia e Cantabria rexistran os índices de absentismo máis elevados, con taxas do 1,5% ao 1,9%. Pola súa banda, Andalucía, Comunidade Valenciana, Madrid e Canarias sitúanse como as comunidades autónomas con menores índices de absentismo inxustificado.


Galicia, a sexta con maior curso


Randstad Research, ademais, cuantificou o custo para as empresas españolas do absentismo laboral, que cifra en 50.200 millóns, un 4,5% do produto interior bruto (PIB) estatal.

Neste caso, apunta, téñense en conta diversos factores, como a perda de produtividade e eficiencia, o que reduce a competitividade das empresas, os custos directo para a empresa (pago daprestación e a cotización á Seguridade Social, contratación de substitutos), e o custo de oportunidade na produción de bens e servizos.

Cataluña, a Comunidade de Madrid e Andalucía son as comunidades onde o absentismo ten un custo máis elevado, cunha cifra acumulada de máis de 25.000 millóns ao ano, o que supón o 50% do custo total nacional.

A continuación sitúanse Comunidade Valenciana, onde o absentismo ten un custo de máis de 4.200 millóns e País Vasco, 3.758 millóns. Galicia e Castela e León, pola súa banda, rexistran custos de entre 2.800 e 2.900 millóns.

Te puede interesar