Máis bibliotecas e museos, e menos videoclubs, cines, radios e televisións

Galicia rexistrou en 2012 un aumento do número de bibliotecas, arquivos e museos, e un descenso das empresas de alugamento de vídeo, de cines ou de firmas de cinematografía, radio, televisión e edición musical, segundo un informe divulgado hoxe polo Consello da Cultura Galega.

O documento sinala un incremento do número de empresas culturais en Galicia, pero tamén unha baixada da produción e da exportación.

O informe indica que en Galicia había en 2012 un total de 5.440 empresas dedicadas a actividades culturais, o que supón 5,4% do total de España, con 101.342 sociedades, de acordo con datos do Instituto Nacional de Estatística.

Segundo datos do Instituto galego de estatística, nos primeiros catro meses deste ano constituíronse nesta comunidade un total de 27 empresas culturais, o que representa case o dobre que no mesmo período de 2013.

As actividades culturais supuxeron o 2,58% de valor engadido bruto, equivalente a 1.321 millóns de euros en Galicia, sinala o informe.

Te puede interesar