REAL ACADEMIA GALEGA

A Academia Galega oficializa a proposta de Marilar Aleixandre para ocupar a vacante de Neira Vilas

maril
photo_camera La escritora y profesora gallega, Marilar Aleixandre.

Tras proclamarse a vacante de Neira Vilas o pasado 11 de decembro, a institución galega oficializou a proposta da escritora galega

O pleno da Real Academia Galega oficializou a proposta de Marilar Aleixandre para ocupar a vacante de Xosé Neira Vilas nesta institución tras o falecemento o pasado 27 de novembro do autor de 'Memorias dun neno labrego'.

Tras proclamarse a vacante de Neira Vilas o pasado 11 de decembro, neste pleno oficializouse a de Marilar Aleixandre, mentres que a votación sobre a súa candidatura terá lugar na próxima sesión plenaria.

Así mesmo, na sesión deste sábado declarouse a vacante pola morte do escritor ourensano Xosé Fernández Ferreiro, falecido o 16 de decembro. As candidaturas de novos membros de número poden presentarse por escrito ata 24 horas antes do plenario posterior ao da proclamación de cada vacante e cada unha delas debe ir avalada pola sinatura de tres membros de número da Academia, segundo informa a RAG.

Marilar Aleixandre (Madrid, 1947), nome literario de María Pilar Jiménez Aleixandre, é escritora e catedrática de Didácticas de Ciencias Experimentais da Universidade de Santiago de Compostela.

Como escritora, a súa obra está traducida ao portugués, castelán, catalán e vasco, mentres que foi recollida en antoloxías en inglés. Recibiu diversos premios por obras dos distintos xéneros que cultiva (poesía, narrativa de adultos, así como narrativa infantil e xuvenil) como polo conxunto da súa carreira.

Como bióloga e experta en educación, Marilar Aleixandre foi pioneira no uso do galego como lingua vehicular no ensino das ciencias. De feito, foi coautor dos dous primeiros textos de ciencias naturais en galego e doutros moitos materiais, itinerarios, artigos e ensaios sobre ensino.

Na actualidade, a súa liña de investigación é a argumentación, o uso de probas e o pensamento crítico no ensino das ciencias, mediante análise do discurso. Neste campo é autor dalgúns dos artigos máis citados internacionalmente sobre o tema.

Te puede interesar