EN GALICIA

Martín e Noa, os nomes máis frecuentes dos recén nacidos en Galicia

Segundo recolle o INE, en 2014 do total de 10.259 nenos varóns nacidos 396 foron chamados Martín na Comunidade galega, e das 9.367 nacidas en 2014, un total de 282 foron chamadas Noa

Martín e Noa sitúanse en Galicia como os nomes máis frecuentes elixidos para os nenos acabados de nacer, segundo os datos estatísticos publicados este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE) correspondentes ao ano 2014.

En concreto, segundo recolle o INE, en 2014 do total de 10.259 nenos varóns nacidos 396 foron chamados Martín na Comunidade galega, seguidos de 330 que recibiron o nome de Mateo e 319 o de Hugo, tras o que se situou Pablo, con 261.

En canto ás nenas, das 9.367 nacidas en 2014, un total de 282 foron chamadas Noa en Galicia, 243 recibiron o nome de Daniela e 237 o de Sara, tras as que se sitúa Martina, con 235, segundo os datos de INE.

Tendo en conta a provincia de residencia, Manuel é o nome máis frecuente de home en Galicia nas catro, mentres que en canto ás mulleres Mari Carmen se sitúa á cabeza en tres -A Coruña, Lugo e Pontevedra-, sendo Ourense o de María.

En concreto, na Coruña hai 32.465 homes chamados Manuel; en Lugo, 10.985; en Ourense, 10.094; e en Pontevedra, 26.083. En canto ás mulleres, na Coruña hai 28.981 María Carmen; en Lugo, 7.419 e en Pontevedra, 21.688; mentres que en Ourense sobresae como máis frecuente María, con 5.801, seguido de María Carmen, con 5.386.

Te puede interesar