Un monitor acepta cinco anos por gravar a menores con cámara oculta

O caso coñeceuse tras a operación contra a pornografía infantil levada a cabo polo grupo de delitos telemáticos da Unidade Central Operativa da Garda Civil

Un monitor de tempo libre aceptou hoxe unha condena de cinco anos de prisión por un delito de pornografía infantil ao admitir como feitos probados que gravou a menores cunha cámara oculta, ademáis de posuír e distribuír abundante pornografía infantil.

Deste xeito, a sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condenou a cinco anos de cárcere a Jorge F., veciño de Dodro (A Coruña), que xa se atopaba en prisión preventiva desde marzo de 2017 e afrontaba unha petición dun total de dez anos, que finalmente se quedou na metade.

O caso coñeceuse tras a operación contra a pornografía infantil levada a cabo polo grupo de delitos telemáticos da Unidade Central Operativa da Garda Civil, na que se detivo tamén a outro home en Málaga.

Te puede interesar