La Región

SUCESO

Morre un motorista de 26 anos nun accidente en Valladares

Ao lugar trasladáronse servicios de urxencias sanitarias, aínda que nada puideron facer por salvar a vida do mozo

O accidente sucedeu na estrada de Valladares.
O accidente sucedeu na estrada de Valladares.
Morre un motorista de 26 anos nun accidente en Valladares

Un motorista de 26 anos perdeu a vida este domingo após sufrir unha caída co seu vehículo na parroquia viguesa de Valladares mentres se dirixía ao Monte Alba.

Os servizos de emerxencia tiveron constancia dos feitos a través da chamada dun veciño ao redor das 15,30 horas.

Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) informaron os axentes da Policía Local e aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, aínda que nada puideron facer por salvar a vida do novo.

Segundo fontes consultadas, o falecido é un mozo de 26 anos veciño da parroquia viguesa de Sárdoma.