ACCIDENTE DE TRÁFICO

Un morto e un ferido grave nunha colisión entre unha moto e un turismo en Covelo

635855478672469895w
photo_camera Estado en el que se encuentra el turismo siniestrado esta tarde tras colisionar contra una motocicleta en el kilómetro 629 de la carretera N120.

As mesmas fontes indicaron que o condutor do coche, que resultou gravemente ferido, foi evacuado no helicóptero medicalizado con base en Ourense ao hospital

Un home de 69 anos de idade faleceu e outro de 78 anos resultou ferido grave nunha colisión entre unha moto e un turismo acontecida este sábado no termo municipal de Covelo (Pontevedra). Segundo informou o 112 Galicia, un motorista perdeu a vida tras chocar pouco antes das 17,00 horas o vehículo que conducía cun turismo na estrada N-120 despois de Paraños, en coveo.

As mesmas fontes indicaron que o condutor do coche, que resultou gravemente ferido, foi evacuado no helicóptero medicalizado con base en Ourense ao hospital. Neste sinistro tiveron que intervir os Bombeiros de Ponteareas e os de Baixo Miño, xa que o ferido estaba atrapado no interior do seu vehículo.

O 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial e outra medicalizada, así como un helicóptero e persoal sanitario do PAC de Pontereas para atender dous pacientes. Fontes sanitarias indicaron que no lugar faleceu o varón J.V.R., de 69 anos, mentres que o home J.V.F., de 78 anos, foi evacuado ao Hospital Cristal de Ourense en helicóptero.

Te puede interesar