GALICIA

Tres mortos e un desaparecido ao afundirse un pesqueiro ao sur de Cabo Fisterra

El pesquero "Sin Querer 2"
photo_camera El pesquero "Sin Querer 2", con base en Portonovo

Ás 13,49 horas deste mércores Salvamento Marítimo recibiu unha alerta dunha radiobalizada do pesqueiro `Sen Querer 2`, que se afundiu a 4,5 millas ao sur de cabo coruñés

Equipos de Salvamento Marítimo recuperaron tres cadáveres e continúan na procura dun cuarto desaparecido a consecuencia do afundimento dun pesqueiro este mediodía a 4,5 millas ao sur de Cabo Fisterra.

Fontes de Salvamente Marítimos explicaron a Europa Press que dous pesqueiros que navegaban pola zona colaboraron no dispositivo e conseguiron rescatar a outro seis tripulantes. Unha destas embarcacións diríxese a Muros con catro dos sobreviventes e outra embarcación vai cara a Fisterra con outros dous tripulantes.

Ás 13,49 horas deste mércores Salvamento Marítimo recibiu unha alerta dunha radiobalizada do pesqueiro `Sen Querer 2`, que se afundiu a 4,5 millas ao sur de Cabo Fisterra.

Por iso mobilizáronse o helicóptero Helimer 401, que logrou recuperar un corpo, e o buque Salvamar Regulus, que localizou a outros dous homes falecidos. Así mesmo, tamén se deu o pertinente aviso aos pesqueiros que navegaban pola zona para que colaborasen, como así están a facer.

Te puede interesar