Un mozo sen permiso atropela a unha arousá e dáse á fuga

Un mozo de 19 anos que pilotaba unha motocicleta sen permiso de circulación atropelou a unha muller de 76 anos na localidade pontevedresa de Vilagarcía e, posteriormente ausentouse do lugar sen interesarse pola ferida', segundo informou a Policía Local.
Os feitos tiveron lugar a última hora do martes na parroquia de Vilaxoán, concretamente na intersección da avenida de Cambados coa rúa Benigno Santos, onde o mozo, que xa foi identificado pola Policía Local de Vilagarcía como J.R.S, veciño de Galáns (Vilanova de Arousa), 'arrastrou no centro da vía' a M.M.F, de 76 anos e veciña de Vilaxoán, que se 'atopaba cruzando por un lugar indebido.

Te puede interesar