SUCESO | GALICIA

Morre unha anciá nun accidente en Noia tras invadir un coche o carril contrario

636134300907172220w
photo_camera Imaxe do accidente

Debido á colisión, ambas as dúas condutoras resultaron lesionadas de diversa consideración, polo que foron evacuadas polos servizos sanitarios de urxencias.

Unha muller de 88 anos de idade faleceu este domingo pola mañá nunha colisión frontal no lugar de Orro, en Noia (A Coruña), tras invadir un dos dous coches o sentido contrario.

Segundo indicaron fontes da Garda Civil, o sinistro produciuse ás 9,40 horas deste domingo aproximadamente, concretamente na vía AC-550, no punto quilométrico 75 e en sentido Outes (A Coruña).

Foi unha colisión frontal entre un Citroën Saxo e un Citroën C2, pois, ao parecer, un dos dous vehículos invadiría o sentido contrario.

Debido á colisión, ambas as dúas condutoras resultaron lesionadas de diversa consideración, polo que foron evacuadas polos servizos sanitarios de urxencias. Lamentablemente, a acompañante, de 88 anos, faleceu.

O CAE 112 Galicia tivo constancia do sinistro minutos antes das 10,00 horas, cando varias testemuñas chamaron ao centro para pedir axuda. Axiña, os xestores do 112 pediron a colaboración dos profesionais sanitarios, que enviaron o helicóptero con base en Santiago, e aos efectivos do servizo local de Protección Civil. Tamén foron informados os Bombeiros de Boiro, os membros do GES de Brión e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

A pesar de a todos os intentos, nada se puido facer por salvar a vida da anciá, que faleceu cando ía ser trasladada. Os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron, entón, os membros do instituto forense.

Ante este feito, o equipo de atestados de Santiago instrúe dilixencias para tratar de determinar as causas do sinistro. O xulgado competente é o de Instrución de Garda de Noia.

Te puede interesar