ATAQUE CAN

As dúas mulleres que sufriron ataques de cans recentemente evolucionan favorablemente

A que sufriu feridas de maior gravidade foi unha señora de 82 que foi atacada por dous cans potencialmente perigosos o pasado sábado en Covelo (Pontevedra), e á que tiveron que amputar as dúas pernas

As dúas mulleres que sufriron senllos ataques de cans recentemente en Galicia --en Covelo e Mos (Pontevedra)-- evolucionan favorablemente das súas feridas, segundo confirmaron fontes sanitarias a Europa Press.

A que sufriu feridas de maior gravidade foi unha señora de 82 que foi atacada por dous cans potencialmente perigosos o pasado sábado en Covelo (Pontevedra), e á que tiveron que amputar as dúas pernas. Até hai pouco a súa situación era de prognóstico reservado, pero fontes sanitarias ratificaron unha evolución favorable.

A muller de 76 anos á que mordeu o can do seu fillo na localidade pontevedresa de Mos tamén continúa cun progreso favorable.

Te puede interesar