ENTREVISTA

Martiño Noriega: “Non lle toca ao alcalde pedirlle ao apóstolo, senón activar medidas"

photo_camera Martiño Noriega no seu despacho na Alcaldía de Santiago de Compostela.

O alcalde de capital galega afirmou hai un par de anos que deixaba a política para dedicarse á Medicina. Cando escoita a lembranza rise.

Martiño Noriega está no seu despacho da Alcaldía de Santiago, pero na última ocasión que falamos hai un par de anos afirmou que deixaba a política para dedicarse á Medicina. Cando escoita a lembranza rise. "É certo que había unha vontade ao rematar o ciclo no Concello de Teo de recuperar un pouco de espazo persoal e a soberanía propia. Dentro dos meus plans non entraba ter elixido esta batalla, pero xa cheguei a conclusión de que un non elixe as batallas nas que pelexa. Déronseme razóns de peso no colectivo que eran superiores ás individuais. Sempre fantaseo con recuperar os espazos de liberdade propios".

Digamos que é fácil de convencer...

Digamos que asumo as cuestións persoais ás que teño que renunciar, polo menos de momento.

Ten seu aquel que conseguira a Alcaldía de Santigo sen soltar o bastón de mando en Teo. Saíu ben, pero non era unha situación difícil de explicar?

Non, porque entendín que a miña decisión persoal non podía condicionar un proxecto de oito anos a un mes das eleccións. Cumprín co mandato que tiña. Ao final creo que foi unha polémica artificial e o feito de que eu viñera dunha experiencia municipal en Teo, valorada positivamente na comarca, foi un valor engadido que permitiu darlle un peso específico á candidatura de Compostela Aberta. Saíu como tiña que saír.

En que notan ou notarán os veciños que no Concello entrou un goberno cidadán?

Na maneira de entender a participación, non como algo ornamental, na de rendir contas... Na campaña comprometémonos a volver aos barrios para falar dos problemas. Tamén na aposta polo social nun momento no que a xente o está a pasar mal, entendendo o social como a recuperación da dignidade e non como beneficencia. E sobre todo, na racionalización da xestión para rematar cos privilexios, porque entendemos que temos unha responsabilidade e pasamos polos sitios, non nos apropiamos deles.

Ve ao popular Agustín Hernández catro anos na oposición?

Vexo a Agustín Hernández onde se vexa Agustín Hernández. El dixo durante a campaña que o seu compromiso e o seu fin era a cidade. O tempo dará e quitará razóns.

Sorprendeulle como está a alcaldía ou aínda non tivo tempo de revisala a fondo?

A verdade é que está a ser tanta a carga de traballo... Aínda non se celebrou o Pleno de organización, temos xa repartidas as áreas, estamos duplicando xornadas laborais, e o luns levamos as asignacións das áreas sen acordo neste momento co PP e estamos a venres. Hai tanta carga de traballo que aínda non tiven tempo a pararme, pero si me chamou a atención algún certo grado de execución, que creo estivo condicionado polo furor preelectoral, en obra pública e tamén en asignacións a medios de comunicación.

noriega4Vai haber entendemento co PSOE ou teme a posibilidade dunha moción de censura có PP?

En principio co PSOE hai unha vía de diálogo aberta coa intención de chegar a acordos puntuais. Non se explorou ningunha outra vía porque creo que tanto o plantexamento de Compostela Aberta como do PSOE era o de buscar acordos puntuais mediante o diálogo. O PSOE ten que tomar neste mandato a decisión de si facilita o que foi a vontade maioritaria da xente, neste caso con Compostela Aberta, como a lista máis votada no único caso das candidaturas de unidade popular no conxunto do país, ou si artella alternativas diferentes. Creo que en Santiago houbo un mandato claro para abrir unha nova etapa. O feito de que a base sociolóxica de Compostela Aberta, do PSOE e do BNG sumen 16 dos 25 concelleiros amosa que houbo un desexo claro por pasar páxina despois de catro anos que deterioraron moito a imaxe da cidade. Non se entendería que non se facilitase esa nova etapa que pasa tamén polo diálogo có PSOE e có BNG.

Sin socios no Goberno?

En principio o BNG tiña unha posición máis aberta e logo acabou rexeitando entrar e o PSOE dende un primer momento dixo que estaba disposto a facilitar a gobernabilidade con acordos.

Sorprendeulle a lea que se montou por non ir a ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Lugo?

(Rise) Si e non. Nós tiñamos o comprimiso explicitado na campaña de apostar por institucións laicas e de diferenciar o espazo civil do relixioso. É algo que nunca se fixo a pesar de que aparece recollido na propia Constitución. Tiñamos un mandato por facer e somos coherentes. A partir de aí empezou unha polémica, creo que interesada, por determinados actores que non asumen o que pasou nas eleccións. É certo tamén que son temas sensibles, pero creo que manter esa posición non significa que peches un diálogo necesario e que entendas a dimensión doutros estamentos e institucións. No fondo estás a definir o rol da institución. As tradicións teñen o seu propio peso específico. Sempre penso no San Lucas de Mondoñedo, que leva cincocentos anos realizándose independentemente do rol institucional, ou no San Martiño de Francos... Son cuestións menores, non teñen tanto peso relixioso, pero facer diso un debate...Quen o impulsa todavía está a facer preguntas para respostas que xa lle deu a cidadanía. Nós, nos máis de 50 actos que fixemos, nunca atopamos este problema enriba da mesa. Aínda agora, fálanche da estación intermodal, da marcha do 061, de aproveitar ferramentas da capitalidade...

É o único símbolo que queda do Antigo Reino de Galicia?

Aínda que houbo xente que utilizou a cuestión da reivindicación nacional, creo que é un acto onde o peso relixioso é específico. Creo que podemos seguir reivindicando o Antigo Reino de Galicia diferenciando o rol institucional do relixioso.

Respondeulle a Casa Real a súa petición de non ser oferente o día de Santiago Apóstolo?

Hai unha interlocución que se iniciou esta semana, unha xuntanza có retor, tamén có arcebispo... Amosamos entendemento para ver como enfocamos unha nova etapa sobre o que ten que ver có 25 de Xullo.

Hai xente que di que se esquece dunha pata do negocio de Santiago, que conta cun magnífico parque temático dente hai séculos.

Ese negocio funciona por si mesmo, se vostede recolle a pregunta como a fixo. Creo que aquí ningén nega a dimensión e o peso patrimonial da Igrexa en Compostela, o vencello ao Camiño e incluso o feito relixioso. Eu o único que estou reivindicando é a separación das institucións do feito relixioso. Non lle toca ao Alcalde pedirlle ao Apóstolo contra a corrupción, como se ten feito, ou contra o desemprégo. Tócalle impulsar medidas e a outros pedirlle ao Apóstolo. A posición de laicidade é respectuosa cos crentes e cós non crentes. O diálogo está aberto. Temos que falar das obras da Catedral, nas que hai participación pública, porque é patrimonio de todos; da labor social que poden facer determinadas entidades vencelladas á Igrexa. Mentres teñamos claro que o primeiro son as persoas, debates así son artificiais é o digo dende o convencemento, aínda que aguanto o chaparrón. Estou encoirado con estas cousas e creo que estamos mandatados para facer isto.

É partidario de ir con Podemos nas eleccións xerais?

Hai que construír entre todos as candidaturas de unidade popular. Aquí houbo xente de Anova, de Esquerda Unida, de Podemos, do Espazo, de Equo...pero tamén houbo xente que non estaba afiliada e o lugar de encontro amosouse como algo terriblemente potente para disputarlle a hexemonía ao PP. Ninguén lle nega a Podemos a súa centralidade, o peso específicio, ou que pode ser por separado unha fórmula de éxito, pero creo que non ten o suficiente potencial para mudar o estado das cousas se non é neste formato. Non se trata de ir ou non con Podemos, trátase de participar na construcción da unidade popular.

Sería posible o entendemento có BNG?

Sería desexable. Levo demandando a unidade dende hai tres anos e debera estar aí. Falta esa pata na construcción da unidade popular. Creo que agora algo está pasando e ogallá pase para que participen neste proceso.

Pero sacrificar logo de tres décadas as siglas...

Non estamos nun momento para erguer a bandeira dun patriotismo partidario nin das siglas. Os partidos teñen que ser ferramentas útiles. Ninguén di que se renuncie a nada, senón a unha posición de máximos por un común denominador. Eu non renuncio aos 18 anos que estiven no BNG. Trátase de construir respostas.

noriega5

"NON SEREI CANDIDATO Á XUNTA, TEÑO PECHADA A DECISIÓN"

Qué pensa de Xosé Manuel Beiras, o seu mentor político?

Penso que foi capaz hai tres anos de anticiparse ao que estaba a acontecer. Foi das primeiras persoas que dixo que había que construír unha coalición partidaria entre a esquerda federal e nacionalista para acumular forzas, e que agora ve que hai que sumar xente que non está nos partidos. Renunciou a unha posi- ción de privilexio que tiña como re- ferente por mollarse nun momento histórico. Correu un grave risco, pero fixo a lectura boa para mudar as cousas. Con perspectiva histórica recoñeceremos que fixo unha aposta que era necesaria.

Non debería alguén decirlle que deixe de facer o 'teatrillo' no Parlamento con insultos graves?

Os tempos de Beiras os marca Beiras. Creo que el non deixa nada á improvisación.

Que é ingobernable, vaia...

(Rise) Non, que é libre.

Que tal con Núñez Feijóo?

A relación con el as veces nas que coincidimos foi correcta, pero políticamente hai moitas diferenzas. Incluso defendemos cousas que poden entenderse como antitéticas. Pero eu non busco facerme amigo de Feijóo, senón entender que desde este cargo hai que antepo- ñer as cuestións institucionais ás partidarias. O presidente do país e o alcalde da capital teñen que buscar un lugar de encontro. É ao que aspiro, nada máis. A ninguén se lle escapa que a miña posición é moi crítica co PP e con Feijóo, pero hai que diferenciar espazos.

E con Gómez Besteiro?

Non tiven a oportunidade de tratalo. Creo que o PSOE está nunha posición complicada no país e vai ter que decidir si facilita a apertura dunha nova etapa, da cal non está participando, ou si se enroca na defensa dun réxime que está esgo- tado, que é o do 78. Non é menor. Antes falabamos do papel de Podemos nesa resposta e o PSOE ten que decidir si facilita a apertura.

Con Vence ben?

Se eu convenzo ben? (Rise) Nin ben ni mal. Xavier é o portavoz dunha forza política que respecto, faltaría máis, pero tampouco tiven opor- tunidade neste tempo de testar compatibilidades.Pododiscrepar de moitas actitudes que mantivo durante a campaña. Durante estes últimos anos equivocouse de inimigo, foi moi agresivo coa can- didatura de Compostela Aberta e comigo persoalmente, pero non hai rencor ningún.

Compostela Aberta e Marea Atlántica poden decidir quen goberna na Deputación da Coruña. Que van facer?

Nós temos decidido manter unha posición de unidade de acción e en certa medida somos decisivos. O que pasa é que da a sensación de que ninguén o asumíu de momento. To- doomundofaladePSOEeBNG, cando no fondo a decisión vai das candidaturas de unidade popular.

Sorprende que dixeran que non querían entrar no goberno provincial cando aí están os cartiños para repartir. Por que?

Porque nós cuestionamos a estrutura das deputacións como entes que foron clientelares e opacos e que non pasan directamente por urnas. Creo que estarían condenadas a desaparecer se imperase a razón, pero aquí fíxose un reforma da administración local en 2012 coa que se lles deu todavía máis músculo. Nós preferimos que haxa un reparto equitativo dos fondos entre os concellos cun modelo como pode ser o da Deputación de Barcelona, mentres aquí houbo un modelo como o de Diego Calvo, onde había un reparto clientelar. Sorpréndeme tamén que haxa tan pouca interlocución e se de por suposto que é unha cuestión de diálogo entre PSOE e BNG na apertura dun novo proceso.

Entón gobernará o PSOE, BNG, PP ou alguén da Marea?

Teránse que poñer de acordo, non vaia a pasar como en Lugo.

Fanlle agora máis a pelota?

Nada. Gañamos e dixen na noite electoral que chegamos sin mochilas. É verdade. Chegamos cun clima moi adverso, incluso dos poderes fácticos e mediáticos e aínda así fomos a lista máis votada. Iso da unha liberdade terrible e non mudou a situación. Persoalmente, igual que son unha persoa moi intransixente cos abusos, tampouco valoro nada as posicións sumisas ou de peloteo. Gústame o trato de frente. Vivo máis cómodo na incomidade.

Cantos lle dixeron: 'Que hai do meu?

De momento ninguén Non hai favores que devolver.

noriega3Vexo que non ten a foto do Rei e si unha con Beiras?

E que non había cando cheguei. E as bandeiras cando poida as saco tamén. Todas. Non o fixen por non xerar polémicas inútiles. No despacho non hai obligación de ter os símbolos. O que si recuperei foi un cadro de Anxel Casal, alcalde fusilado no 36, que estaba medio agochado.

Será candidato á Xunta de Galicia ou tamén vai deixar a política logo do paso polo Concello de Santiago?

Dígollo sinceiramente: é algo que descarto. A responsabilidade de gobernar a capital do país cunha candidatura de unidade popular demostrando que podemos facer políticas diferentes, máis que un cambio de caras, é un reto do que vai a depender o éxito a outros niveles. Nós temos aquí suficiente traballo e responsabilidade como para non pensar noutras cousas. Neste caso non é unha cuestión do que eu prefira no persoal, senón de responsabilidade política e colectiva. Si eu estando en Teo non aceptei ir ao Parlamento galego por AGE e aturei as presións de encabezar a lista galega ao Parlamento europeo, agoraasrazónsamplificáronse.

Terán que intentar convencelo outra vez.

Pero non serei un chico de sí fácil. Teño pechada a decisión.  

Te puede interesar