A normativa estatal busca o máximo aproveitamento dos recursos e a redución do impacto no medio ambiente

A nova lei de residuos prioriza a valorización enerxética sobre o vertido

Incorporar o principio de xerarquía na xestión a través da prevención, a preparación para a reutilización, a reciclaxe, e priorizar a valorización enerxética sobre o vertido. Estos son os principais obxectivos da Lei Estatal de Residuos e Solos Contaminado.
A normativa, aprobada recentemente polo Parlamento e que transpón a Directiva 2008/98/CE, adáptase ás modificacións do dereito comunitario e actualiza o marco legal de referencia tras máis dunha década de aplicación da primeira Lei de Residuos 10/1998.
A lei fai especial fincapé na prevención, entendida como o “conxunto de medidas adoptadas antes de que un produto se convirta en residuo, tanto para reducir a cantidade e contido de sustancias perigosas no mesmo como para minimizar os impactos adversos dos residuos xerados sobre a saúde humana e o medio ambiente, maximizando o aproveitamento dos recursos”.
Ao mesmo tempo, incorpora o principio de xerarquía na xestión, iniciada coa prevención e seguida pola preparación para a reutilización, a reciclaxe e outras formas de valorización, entre as que se atopa a incineración de residuos domésticos mesturados cando esta se produce cun alto nivel de eficiencia enerxética, como é no caso de Sogama. A eliminación relégase a último lugar.
Ademáis, a lei recolle que antes do ano 2015 deberá levarse a cabo unha recollida separada de distintos materiais, isto é, papel, metais, plástico e vidro, establecendo un obxectivo estratéxico de prevención do 10 por cento e de preparación para a reutilización e reciclado dun 50 por cento antes de 2020, contribuíndo con isto a que a Unión europea evolucione cara a unha “sociedade do reciclado”.

situación en Europa
A incineración con recuperación de enerxía, que consiste basicamente en “extraer a enerxía contida nos residuos e aproveitala en forma de electricidade ou calor”, converteuse no tratamento por excelencia que complementa a reciclaxe nos países máis avanzados e concienciados desde a dimensión ambiental (Alemaña, Dinamarca, Holanda, Austria, Suecia e Bélxica), o que fixo posible que estes reduciran o vertido ata cotas inferiores ao 5 por cento.
Mentres que a reciclaxe nos Estados anteriormente referenciados móvese entre o 48 e o 30 por cento, a incineración faino entre o 49 e o 29 por cento, e todo isto grazas á definición, planificación e materialización de políticas de xestión de residuos adaptadas aos seus respectivos ámbitos territoriais e supeditadas á xerarquía que promulga a UE, na que a utilización do vertedoiro ocupa a última posición por ser a de maior impacto ambiental.
Lonxe destas cifras, España atópase ante un nivel de reciclado de tan só o 15 por cento e un 9 por ciento de incineración, o que derivou nunhas altas taxas de vertido, situadas no 52 por cento (14 puntos por encima da media comunitaria). Das 10 plantas de valorización enerxética existentes no noso país, un total de 4 atópanse emprazadas en Cataluña, comunidade que conseguiu duplicar con creces a media española de recollida selectiva, alcanzando o 37,4 por cento.

Te puede interesar