Galicia

O sinistro de Angrois "non se tería producido" co ERTMS activado

Galicia

TRAGEDIA DE ANGROIS

O sinistro de Angrois "non se tería producido" co ERTMS activado

O exresponsable de seguridade na circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, negou ter "ningunha responsabilidade" na traxedia e sinalou ao maquinista como o responsable

O exresponsable de seguridade na circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, investigado na causa polo accidente do tren Alvia en Angrois (Santiago) no que morreron 80 persoas, admitiu que co sistema ERTMS instalado, o sistema que el mesmo autorizou desconectar a bordo do convoi, o sinistro non se tería producido.

Na comisión de investigación do Congreso, a portavoz do PSOE Pilar Cancela preguntoulle se co sistema de control da velocidade ERTMS instalado "se tería aplicado automaticamente o freo" no caso de que o maquinista "non recoñecese" o botón. Esta última parte, de feito, achegouna o propio interrogado. "Por tanto, teríase evitado o accidente?", inquiriu a socialista.

"Neste caso si. Porque a transición está antes da avanzada. Se non toco (o botón de recoñecemento) aplícalle freado. Se lle aplica freado até recuperar, o tren non chegase a 179 á curva. Agora ben, esa é unha suposición máis das moitas", expuxo o cargo de Adif, aínda nun posto de libre designación na empresa pública.

Na súa intervención inicial, negou ter "ningunha responsabilidade" na traxedia, sinalou ao maquinista como o seu responsable, e afirmou que sufriu "" ao verse involucrado "como un dos presuntos responsables".

"A dor das vítimas en absoluto é comparable co sufrimento que eu tiven que pasar. O seu é irreparable, con todo, iso non quita para que eu deba dicir aquí que sufrín por verme involucrado como un dos responsables dun accidente no que non tiven ningunha responsabilidade", defendeu.

Previamente a admitir que con ERTMS o accidente non se tería producido, dixo o contrario: "Que se tería evitado o accidente? Pois non o creo", afirmou, ao argumentar que ese era "un estímulo máis dos moitos que tiña" e ao lamentar que aquel día, ao seu xuízo, "o tren ía só".

Te puede interesar