Un octoxenario ebrio ameaza de morte a unha policía en Vigo

Tras chocar cunha xardineira, o condutor rexeitou ser asistido polo persoal dunha ambulancia que se desprazou ata o lugar

A Policía Local de Vigo detivo a un condutor de 82 anos e iniciais J.G.F. ao que localizou con evidentes síntomas de embriaguez co seu coche encaixado contra unha xardineira e mentres se sometía á proba de alcoholemia, que non se puido completar, acabou ameazando de morte a un axente.

O accidente produciuse preto das oito da tarde deste xoves na confluencia das rúas Areal co Porto, tras o cal o condutor rexeitou ser asistido polo persoal dunha ambulancia que se desprazou ao momento, informaron fontes policiais.

Te puede interesar