Cultura

A Orquesta Sinfónica de Galicia, de "película"

A Sinfónica galega é a encargada da banda sonora da película 'A sombra da lei', do director Dani de Torre

A Orquestra Sinfónica de Galicia gravará durante a última semana de marzo no Palacio da Ópera da Coruña a banda sonora da película 'A sombra da lei' dirixida por Dani de la Torre e creada polo compositor galego Manuel Riveiro e o catalán Xavi Font.

O tema central da película será interpretado pola soprano Ainhoa Arteta, segundo informou a organización, que estará o martes 27 de marzo na cidade herculina xunto aos compositores Manuel Riveiro e Xavi Font, o director Dani de la Torre, as produtoras Emma Lustres e Mercedes Gamero e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro.

'A sombra da lei', unha produción de Vaca Films, Atresmedia Cinema e La Ley del Plomo AIE, está protagonizada polo galego Luís Tosar, Michelle Jenner, Vicente Romero, Ernesto Alterio, Paco Tous, Pep Tosar e Manolo Solo.

O compositor galego Manuel Riveiro formouse en Galicia e Estados Unidos, é graduado en música moderna pola Berklee School of Music de Boston. Esta é a súa terceira colaboración con Dani de la Torre após compor a BSO de `O descoñecido` e a película para TV 'Mar libre'.

Pola súa banda, Xavi Font é un compositor catalán que se formou cos mestres José Neto e Antón García Abril. En 2010 foi nomeado ao Goya polo tema principal de 'Agallas'. Compuxo máis de 30 partituras para cinema e televisión. Colaborou con Philip Glass en 'O Apostolo' e recibiu o premio do Festival de Cinema Fantástico (Lisboa) e o Mestre Mateo á mellor música orixinal.

Con guión de Patxi Amezcua, a película rodouse o pasado verán en máis de 80 localizacións de Barcelona e Galicia, contando para iso coa colaboración dos concellos de Pontevedra, Lugo e Monforte de Lemos, a fundación Jorge Jove e a fundación do Ferrocarril de Galicia.

Te puede interesar