Pachi Vázquez leva a Arxentina e Uruguai o compromiso do PSdeG co aumento das pensións e dereitos sociais

O candidato á Presidencia da Xunta do PSdeG, Pachi Vázquez, leva á emigración galega dende este domingo o compromiso dos socialistas co incremento do poder adquisitivo das pensións e os dereitos sociais e asistenciais.
Dende este domingo e ata o próximo mércores, 19 de setembro, Pachi Vázquez levará a cabo diversas reunións e contactos cos emigrantes galegos en Arxentina e Uruguai.

Este 16 de setembro é recibido por a executiva do PSOE do Bo Aires, tras o cal terá un encontro con emigrantes do Centro Carballiño na capital arxentina. Ademais, reunirase con membros do centro da asociación Tui-Salceda e acudirá a Estrela do sur, en Abeledo.

Este luns, o candidato socialista charlará con mulleres e novos no Centro Betanzos, mentres que a primeira hora da tarde se trasladará a Montevideo, onde visitará o Hospital Casa de Galicia e o Fogar Español de Anciáns.

O martes, día 18, Pachi Vázquez manterá unha comida de traballo cos membros da Asociación de Empresarios Galegos en Uruguai, e despois achegarase ata o Padroado da Cultura Galega, antes de iniciar a súa viaxe de volta a Galicia.

Te puede interesar