DEBATE SOBRE UNA MUERTE DIGNA

Os pais de Andrea: "Foise en paz e con tranquilidad"

A familia de Andrea emitiu un comunicado, remitido aos medios polo avogado, no que mostra o seu pesar pola morte da menor

Os pais de Andrea, a nena de 12 anos cunha enfermidade neurodegenerativa irreversible, manifestaron que a súa filla "se foi en paz e con tranquilidade, sen sufrir", e "como ela mesma quixese".

Tras o falecemento da menor ao mediodía deste venres, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), a familia de Andrea emitiu un comunicado, remitido aos medios polo avogado, no que mostra o seu pesar pola morte da menor, que ingresara de urxencia o 9 de xuño. "O Seu recordo vivirá para sempre nos nosos corazóns", expresou.

Así mesmo, trasladou "unha última petición", na que expresan que queren "despedir a Andrea en familia" e "na máis estrita intimidade".

"Para nós Andrea, tal e como a coñeciamos, comezou a írsenos cando ingresamos de urxencia o 9 de xuño, data da que agora se cumpren catro meses, pero o seu recordo vivirá para sempre nos nosos corazóns", engade.

AGRADECEMENTOS POLO "APOIO"

Os pais da nena, Antonio Lago e Estela Ordóñez, quixeron tamén agradecer o "apoio dos que nestes días tan difíciles estivestes ao noso lado". "Sen a vosa axuda, este final fose, sen dúbida, aínda máis duro", abunda o comunicado.

O seu agradecemento o fixo extensivo aos medios de comunicación, ao xulgado, fiscalía, Instituto de Medicina Legal de Galicia, así como ao persoal do CHUS. "A todos vós, nestes momentos de intensa dor, a nosa máis sincera gratitude", apuntan.

"Agradeceriamos de antemán o respecto ao noso do e que permitades que este último adeus poidamos realizalo na máis estrita intimidade, en compañía dos nosos achegados e seres queridos," piden os pais.

O corpo de Andrea permanece no depósito do CHUS, dende onde previsiblemente este sábado será trasladado á súa localidade natal, Noia (A Coruña), onde será despedida na "máis estrita intimidade" por desexo da familia.

Te puede interesar