AYUDAS

Axudas para autónomos en Galicia: prazo e requisitos

Taxis en la parada del Parque de San Lázaro. Ourense (JOSÉ PAZ)
photo_camera Taxis en la parada del Parque de San Lázaro. Ourense (JOSÉ PAZ)

As solicitudes poden presentarse ata o 18 de decembro

Os autónomos afectados pola crise da covid poden solicitar xa as axudas da Xunta, financiadas polo Fondo Social Europeo. Esta primeira liña permanece aberta dende o pasado 19 de novembro ata o 18 de decembro e os destinatarios recibirán cantidades mínimas de 1.200 euros

A quen vai dirixido?

As axudas están destinadas ós traballadores dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) o Réxime do Mar y con domicilio fiscal en Galicia, ademais de ter recoñecido o cese ordinario o extraordinario de medidas sociais en defensa do emprego. Tamén está dirixido ás persoas traballadoras autónomas que ademais de cumprir o requisito sinalado no parágrafo anterior estén encadradas nos sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada.

Cal son as actividades paralizadas?

En todo caso o lecer nocturno: discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas. Tamén aquelas actividades económicas que se desenvolven no ámbito das atraccións de feiras e que se trate de actividades nas que non existe establecemento aberto ó público. As empresas de transporte público, axencias de viaxes, actividades de exhibición cinematográfica, artes escénicas, parques de atraccións, parques temáticos e outras actividades recreativas e de entretemento.

Cal é o importe da axuda?

Os traballadores autónomos que cumplan os requisitos podrán optar a un apoio de 1.200 euros, ampliables a 2.000 euros, se levan máis de seis meses ca actividade paralizada ou con restriccións e que estén especificadas no DOG dentro da CNAE (Clasificación Nacional de Actividades Españolas). As axudas non son acumulables.  As persoas solicitantes deben declarar que non teñen débedas ca Administración Pública da Comunidade Autónoma, Administración do Estado e coa Seguridade Social. A presentación será dun mes desde o 19 de novembro  ata o 18 de decembro do 2020. No caso de esgotarse as partidas orzamentarias asignadas se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Canto tardan en chegar as axudas?

O prazo de execución da operación vai dende o 19 de novembro ata o 31 de decembro de 2020.

 Que documentación hai que aportar?

As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, cubrindo, necesariamente, tódolos campos do formulario establecidos como obrigatorios.

Hai algún contacto de atención ao público?

Aquelas persoas interesadas en solicitar a axuda ou que teñan algunha dúbida o respeto, poderán contactar ó teléfono (gratuito): 900815600 (atención de luns a vernes de 8:00 a 15:00 horas) ou a través do email[email protected]

Te puede interesar