Pozos e traídas veciñais non terán que pagar o canon da auga

'En tanto en canto eu sexa conselleiro, non se aplicará'. Así o garantiu o conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, en relación ao canon da auga para os pozos particulares; mentres que para as traídas veciñais afirmou que na práctica están 'exentas', porque o seu cobramento tería un custo superior para as arcas públicas do que percibirían.
Durante a súa intervención, o conselleiro de Medio explicou que os usuarios que teñan captacións propias, como pozos ou mananciais, 'non terán que pagar o pagamento da auga'. Neste sentido, indicou que esta situación se debe a que, tal e como establece a Lei da Auga, se aplicará unha bonificación do 90 por cento ás comunidades de usuarios, polo que na práctica tampoucopagarán o canon.

Ao respecto, fixo un recoñecemento ao 'esforzo' realizado polos habitantes do rural cando afrontaron a necesidade de dispoñer dun servizo 'tan elemental como é a auga' e que, por razóns de diversa índole, as administracións non lles proporcionaron a estes usuarios.

Do mesmo modo, recordou que a Lei de Augas tamén recolle que os usuarios agrarios, gandeiros e forestais quedan exentos no pagamento do canon posto que estas actividades representan unha elevada porcentaxe de consumo nas traídas veciñais.

Te puede interesar