Primeira visita de Ana Pontón á sede de Inditex: "Hai que seguir potenciando o sector téxtil"

Ana Pontón, durante la visita.
photo_camera Ana Pontón, durante la visita.
A voceira do BNG fixo un percorrido polas diferentes instalacións de Arteixo, en particular as que albergan as fases creativas e as diversas liñas de negocio

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, realizou a súa primeira visita á sede da multinacional Inditex en Arteixo e destacou a importancia que ten para Galicia "albergar unha empresa que é un referente a nivel mundial e clave dentro do tecido económico do país, destacando ademais a capacidade de adaptarse aos novos retos que impón a globalización nun sector tan competitivo e fragmentado como o da moda, e todo sen renunciar as súas orixes".

Da man do conselleiro delegado da compañía, Óscar García Maceiras, Pontón fixo un percorrido polas diferentes instalacións, en particular as que albergan as fases creativas e as diversas liñas de negocio, para "apreciar o nivelo tecnolóxico e innovador da multinacional, pero na que o factor humano segue a ser un aspecto fundamental do seu éxito en todos os mercados".

A sustentabilidade, a mobilidade que implica infraestruturas intermodais para afrontar os retos loxísticos ou a formación foron algúns dos temas sobre os que a dirixente do BNG puido intercambiar reflexións, nun encontro no que tamén estiveron presentes a deputada pola Coruña, Mercedes Queixas, o portavoz municipal nesa cidade, Francisco Jorquera, o portavoz municipal en Arteixo, Xurxo Couto, e o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.

Pontón destaca o papel de Inditex "como referente dun sector téxtil que en Galicia ten unha gran tradición e un potencial industrial que hai que seguir potenciando, pola súa capacidade de xerar actividade económica e emprego".

Te puede interesar