'A Xunta sabía o que ía pasar co decreto do plurilingüismo', advirte Guillermo Meijón

O PSdeG censura a 'ameaza' de Educación aos docentes

O voceiro de Educación do Grupo Parlamentario Socialista, Guillermo Meijón
O voceiro de Educación do Grupo Parlamentario Socialista, Guillermo Meijón, advertiu onte de que a implantación do denominado decreto do plurilingüismo será 'un elemento importante de conflito' e, sobre este extremo, advertiu de que 'as ameazas' da Consellería de Educación 'non axudan en nada'. 'Non se pode contestar ameazando', insistiu, tras reclamar o Goberno autonómico que tome outro tipo de medidas para a instauración este decreto. En concreto, apelou ao 'sentido común' da 'Santísima Trinidade' -conformada polo presidente galego, Alberto Núñez Feijóo; o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, e o secret
'Non se pode contestar ameazando', insistiu, tras reclamar o Goberno autonómico que tome outro tipo de medidas para a instauración este decreto. En concreto, apelou ao 'sentido común' da 'Santísima Trinidade' -conformada polo presidente galego, Alberto Núñez Feijóo; o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo- para superar a 'problemática' a través dunha implantación 'progresiva'.

'Se só poden dar a cara mandando ao corpo de inspección para ameazar con expedientes, é que cren moi pouco no decreto que presentaron', interpretou, para constatar, a liña seguida, que con este modo de proceder 'están a facer un fraco favor ao consenso lingüístico'. En todo caso, o deputado do PSdeG mostrouse consciente de que os dirixentes da Xunta 'sabían perfectamente o que ía pasar' a partir da súa entrada en vigor, polo que os responsabilizou directamente das dificultades que se están a rexistrar nos centros educativos.

As críticas a Educación tamén partiron de CIG-Ensino xa que sostén que suprimiu unhas 80 unidades e 108 postos de traballo correspondentes ás etapas de educación infantil e primaria en centros públicos galegos e, ao mesmo tempo, se subvencionen 18 novas unidades en centros privados e concertados.

Te puede interesar