O PSdeG reprocha a Feijóo que 'presuma' de modelo de investigación malia rebaixar un 25% os fondos para I+D+i

O PSdeG reprochou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que 'presuma' do seu modelo de investigación, malia rebaixar un 25% en dous anos os fondos para o plan de I+D+i, segundo afirmou o voceiro de Industria dos socialistas no Parlamento, José Luis Méndez Romeu.
O 'fito histórico' de I+D en Galicia alcanzouse en 2008, sostivo o deputado socialista, que indicou que nese momento e baixo a xestión do bipartito, foron contratados 500 traballadores. Non obstante, agora están 'paralizados todos os programas de contratación postos en marcha'. 'Levamos tres promocións de titulados que non se puideron incorporar á investigación grazas a xestión de Feijóo', reprochou.

Nun comunicado, Méndez Romeu criticou tamén que non fose presentado no Parlamento o novo plan de I+D+i e atribuíuno a que o presidente da Xunta 'non quere dar a cara' tras esta 'redución drástica' de fondos.

'A única intención verdadeira que temos por parte da Xunta é a segregación da investigación entre as consellerías de Educación e Industria, volvendo así a un modelo superado en toda España,', reprochou o socialista.

Te puede interesar