O Rei Juan Carlos I acode a Baiona para participar no Trofeo Príncipe de Asturias

636085079550271253w
photo_camera 636085079550271253w

O monarca emérito chegou ao club náutico baionés pasadas as 11.00 horas acompañado polo galego Pedro Campos

A súa maxestade o Rei Juan Carlos I acudiu á localidade de Baiona para participar como regatista na trixésimo primeira edición do Trofeo Príncipe de Asturias, organizado polo Monte Real Club de Iates e a Escola Naval Militar de Marín.

Segundo informou a organización nun comunicado, o monarca emérito chegou ao club náutico baionés pasadas as 11.00 horas acompañado polo galego Pedro Campos, co que competirá na clase Storax 6 m. Ambos os dous navegarán a bordo do Gallant, do armador José Cusí, un veleiro de 1947 cun palmarés no que destaca un Campionato do Mundo e un Campionato de Europa.

Á súa chegada ao Monte Real Club de Iates, don Juan Carlos foi recibido polo presidente do Monte Real Club de Iates, José Luis Álvarez, o presidente da comisión naval de regatas da Escola Naval Militar de Marín, Vicente Louro; e o presidente de Adegas Terras Gauda, José María Fonseca Moretón.

Te puede interesar