galicia

Rescatan a dúas persoas en Oleiros ao ser arrastrados pola auga

Un dos ocupantes chegou el mesmo á terra, mentras que o segundo ocupante foi rescatado pola embarcación de Salvamento Marítimo

 

Dúas persoas tiveron que ser rescatadas este domingo polos servizos de emerxencia após ser arrastradas pola forza da auga cando manexaban unha piragua preto da praia das Margaridas, na localidade coruñesa de Oleiros.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso pouco antes das 17,00 horas, cando recibiu unha chamada dun particular que alertaba que o seu fillo saíra de paseo coa noiva en piragua e que non era capaz de ver a ningún dos dous ocupantes da embarcación.

Así, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) alertou a Salvamento Marítimo, que enviou ao lugar ao helicóptero Pesca I. Tamén até a zona desprazouse unha embarcación de intervención rápida.

Ademais, o CIAE solicitou a colaboración do Servizo de Gardacostas de Galicia, dos servizos sanitarios, da Garda Civil, da Policía Local e dos membros de Protección Civil da localidade.

Afortunadamente, o mozo puido chegar a terra polos seus propios medios e confirmou que, ao verse arrastrados pola corrente, abandonaron a piragua para tentar chegar até a praia a nado. Pola contra, a moza foi rescatada pola embarcación de Salvamento Marítimo e trasladada ao embarcadoiro de Oza.

Te puede interesar