ESPECIAL | EL CAMINO

Sendas para descubrir un país: a gran guía para coñecer Galicia

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
photo_camera Dous sendeiristas nun punto de información do roteiro Río Eo-Pena Millares.
A Xunta acaba de reeditar un folleto de senderismo de 268 páxinas que inclúe 122 camiños homologados, 57 camiños máis que a edición anterior, con información sobre os roteiros, nomenclatura e servizos

A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, acaba de reeditar o folleto de sendeirismo “Sendas para descubrir un país”, con 268 páxinas, que permite descubrir a principais rutas homologadas de Galicia. Esta nova edición inclue 122 sendeiros, 57 máis ca anterior edición, homologados pola Federación Galega de Montañismo para practicar sendeirismo en Galicia, dos que tres son sendeiros de gran percorrido e 119 de pequeno percorrido.

A publicación inclúe unha parte informativa sobre a nomenclatura e símbolos que o camiñante se atopará nos camiños, así como sobre o Sistema MIDE (Método de Información de Excursiones), relacionado coa comunicación entre excursionistas para avaliar as esixencias técnicas e físicas dos percorridos.

Este folleto turístico dedícalle dúas páxinas a cada un dos sendeiros do Camiño nas que se fai unha descrición do seu trazado con fotografías deste. Tamén se inclúe un mapa de situación a escala, así como as coordenadas do inicio e o final da ruta.

20210328150338350_resultado

En cada camiño explícanse as características máis salientables do sendeiro, así como os servizos dos que dispón, as conexións con outros camiños homologados e a información MIDE. O folleto, pódese descargar ou consultar en PDF desde a web www.turismo.gal e máis adiante contará cunha versión impresa en varios idiomas.

A publicación complétase cuns consellos para realizar as rutas de xeito seguro recordando ó sendeirista a importancia de informarse convenientemente das previsións climatolóxicas para ese día, a vestimenta máis adecuada, consellos sobre levar bebida abundante, comida enerxética, unha lanterna, un silbato ou un pequeno botiquín de primeiros auxilios ou informar a alguén de confianza sobre o percorrido que se vai facer.

O folleto finaliza recordando ós aficionados ó sendeirismo que deben respetar o entorno.

“Sendegal”

A información pódese complementar coa aplicación para teléfonos intelixentes “Sendegal”, realizada por Turismo de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo. Esta aplicación constitúe unha nova ferramenta para promocionar o sendeirismo e o turismo de natureza, utilizando as tecnoloxías dos teléfonos intelixentes .

A aplicación pódese buscar nas bibliotecas ou ‘app stores’ e pode descargarse gratuitamente. A información proporciónase en galego, en castelán e en inglés, de xeito que o usuario opta polo idioma que prefira dende a primeira pantalla de presentación.

20210328150338203_resultado

Esta aplicación permite coñecer os sendeiros oficialmente homologados de Galicia, cunha pequena descrición do roteiro e a súa visualización sobre Google Earth (con posibilidade de recreación en 3D) ademais dunha serie de consellos que facilitarán a experiencia ao camiñante como información sobre sinalización, sobre o significado das balizas e das frechas ou sobre as clasificacións de sendeiros, de gran percorrido, de pequeno percorrido, variantes e derivacións.

Os planos de cada unha delas poden descargarse desde o dispositivo móbil intelixente e gravarse previamente na memoria do teléfono (modo offline) ou utilizar o dispositivo en modo online. En ambos casos o GPS indicará en todo momento a posición e permitiranos seguir o sendeiro sen dificultade.

Te puede interesar