GALICIA

“La sombra de la ley", gran favorita nos Mestre Mateo

photo_camera Os membros de Agadic, algún dos nominados e autoridades, no acto de presentación. (CABALAR)

 O filme de Dani de la Torre ten 15 nominacións para os premios que entrega o audiovisual galego

As películas "La sombra de la ley" y "Trote" suman 15 candidaturas cada unha para os XVII premios Mestre Mateo, que promove a Academia Galega do Audiovisual e que foron presentados oficialmente onte e que se celebrará o 2 de marzo no Pazo da Ópera. Tamén optan a varios galardóns a serie "O sabor dás margaridas", a longametraxe "Contou Rosalía", o programa "Land  Rober Tunai Show" e o documental "Verosgramas".

A primeira rolda de votacións dos académicos e académicas galegas situou a "La sombra de la ley" e "Trote" como as producións máis votadas entre as 167 que se presentaron a esta décimo sétima edición dos premios.

Fronte ás quince candidaturas de cada unha delas, a serie "O sabor dás margaridas", conta con oito; a longametraxe "Contou Rosalía", con sete, e o programa "Land  Rober Tunai Show" e o documental "Versogramas", teñen catro cada un.

"La sombra de la ley" opta a facerse co galardón á mellor longametraxe, mellor dirección, así como a dirección de arte, de fotografía, de produción e guión, maquillaxe, barbería, montaxe, son, música orixinal e vestiario.

Tamén compiten  Michelle  Jenner e Luís Tosar pola mellor interpretación protagonista e Adriana Torrebejano e Ernesto Alterio polas de reparton. "Trote", pola súa banda, opta a 15 candidaturas en 13 categorías diferentes.

Entre elas, está mellor longametraxe ou mellor dirección e mellor guión para Xacio Baño, que comparte esta última con Diego  Ameixeiras. Ten tamén cinco candidaturas no caso da interpretación: reparto para Melania Cruz,  Tamara Canosa e Celso Bugallo e protagonistas para María Vázquez e Fede Pérez.


Produción televisiva


"Buscadores de naufraxios", "Land Rober Tunai Show", "Malo será!" e "Zig Zag Fin de semana" competirán tamén polo premio ao mellor programa de televisión, mentres que María Solar, Marta  Doviro, Roberto Vilar e Rodrigo Vázquez farán o propio polo mellor de comunicador ou comunicadora.
A Academia Galega do Audiovisual anunciou onte, nun acto conducido por Neves Rodríguez e Adrián Díaz no Centro Ágora da Coruña, os nomes dos proxectos e profesionais finalistas en cada unha das 25 categorías que componen estes premios, que se entregarán nunha gala o vindeiro 2 de marzo no Palacio da Ópera da Coruña.n
 

Te puede interesar