TRANSPORTE

O temporal afectou a servizos ferroviarios en Galicia

O tren Ferrol-Madrid sufriu un atraso de 96 minutos e foi trasbordado por estrada ata Ourense 

O temporal de vento e choiva causado pola borrasca profunda `Ana` afectou a varios servizos ferroviarios na Comunidade galega, segundo informa Renfe.

En concreto, resultaron afectados un servizo Alvia con orixe Ferrol (saída ás 5,55 horas) e chegada a Madrid-Chamartín (13,06 horas), que sufriu un atraso de 96 minutos.

Doutra banda, o servizo Alvia entre Pontevedra (saída ás 8,18 horas) e chegada a Madrid-Chamartín (15,04) será trasbordado por estrada até Ourense e logo a destino en tren. Renfe concretou que o traxecto desde a cidade das Burgas até a capital madrileña "farase en tren con normalidade".

Durante a xornada do domingo, concreta Renfe, víronse afectados seis servizos nocturnos por caíaa de árbores, o que obrigou a interromper a circulación en varios puntos da Comunidade galega, entre eles entre Baamonde e Rábade e tamén na liña Vigo e Ourense, xa restablecidas para este luns.

Os servizos que se viron afectados son os que circulaban entre Pontevedra e Madrid, e sentido inverso; Madrid e A Coruña, e sentido inverso, A Coruña e Barcelona, e Vigo e Barcelona; o que obrigo a traslados por estrada ou a outros servizos ferroviarios.

Renfe lamentou as molestias ocasionadas aos viaxeiros derivadas das incidencias meteorolóxicas.

Te puede interesar