Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita este martes o Parlamento

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este martes, coincidindo co pleno da Cámara galega, o Pazo do Hórreo.
Así, deputados, funcionarios e xornalistas acreditados terán oportunidade de doar sangue entre as 9.30 e as 15.00 horas no camión que permanecerá estacionado xunto á entrada principal do Parlamento.

Esta campaña enmárcase no programa de recollida de doazóns de sangue que desenvolve a Consellería de Sanidade e o principal obxectivo é converter o Parlamento nun novo punto de referencia para o desenvolvemento periódico de campañas de doazón.

Te puede interesar