Uns 200 funcionarios claman contra os recortes en dependencias da Xunta

Protesta de los funcionarios en San Caetano.
Uns douscentos funcionarios da Xunta acudiron hoxe á concentración convocada pola xunta de persoal nas dependencias administrativas centrais de San Caetano, en Santiago, para protestaren contra os recortes.
Despois de permaneceren concentrados uns minutos na explanada diante da cafetaría, emprenderon unha marcha polas diversas dependencias da sede administrativa do Goberno galego berrando 'Mans arriba, isto é un atraco' ou 'Incompetencia'.

No seu periplo polas diferentes dependencias detivéronse brevemente ante a sala onde os integrantes do Executivo autonómico, co presidente á cabeza, Alberto Núñez Feijóo, realizaban a reunión do Consello da Xunta.

Tamén pararon ante o despacho do propio Núñez Feijóo, custodiado por axentes da Policía, ante o que repetiron as consignas contra os recortes e despois continuaron por outras dependencias administrativas.

Te puede interesar