UUAA esixe que a Xunta abra unha liña de axudas para as granxas

Unións Agrarias (UUAA) cualificou hoxe de 'irresponsábel' a actitude da Consellería do Medio Rural por non facer públicas as axudas consignadas á mellora das explotacións previstas para este ano.

'Este atraso por parte da Xunta supón un grave impedimento para moitas explotacións en fase de modernización ou de ampliación, porque non poden fixar a partida de investimentos ao descoñecer o grao de financiamento final a que se teñen que enfronta', afirma o sindicato nun comunicado.

UUAA critica o 'desinterese' de Medio Rural 'cando sabe que esta liña de axudas é a principal porta para a incorporación de xente nova á agricultura así como para a modernización e redución de custos das explotacións'.

Para o sindicato, esta maneira de 'desentenderse da mellora da competitividade do medio rural por parte do Goberno de Núñez Feijóo xa ficou patente en 2011 onde foron denegados 50% dos plans de mellora e foi reducido en 10% o importe subvencionado aos aprobados'.

Nestes plans, a Xunta e o Ministerio de Agricultura achegan 21 por cento das axudas e o resto do financiamento procede da UE, lembra o sindicato no comunicado.

Te puede interesar