A Xunta nega que a Risga estea paralizada e di que neste ano se deron máis de 250 altas en Vigo e Pontevedra

A Consellería de Traballo e Benestar rexeitou que a Risga estea paralizada e replicou á concelleira viguesa Isaura Abelairas, quen denunciou este luns que a Xunta leva dende novembro sin responder ás solicitudes de Risga informadas favorablemente polo Concello, que no que vai de ano déronse máis de 250 altas na zona de Vigo e Pontevedra.
Fontes da consellería aseguran a Europa Press que as tramitacións de Renda de Integración Social de Galicia (Risga) 'en absoluto' están paralizadas e que se deron un total de 402 novas altas no que vai de ano en toda a comunidade. Delas, segundo insiste, máis de 250 corresponden á Xefatura de Pontevedra e Vigo.

As mesmas fontes indican que nos meses de xaneiro e febreiro deste ano tamén se efectuaron pagamentos destas axudas.

Benestar indica ademais que, a peche de 2011, máis de 1.200 persoas en Galicia cobraran a Renda de Integración Social. Por outra banda, recordan que a normativa establece que a tramitación pode durar ata tres meses.

Te puede interesar