Presentador, actor e humorista

Farruco: ‘Comando Chef é unha idea entrañable’

Xosé Lois Bernal, ‘Farruco’.  (Foto: Arquivo)
Xosé Lois Bernal, ‘Farruco’, aparecerá esta noite na pequena pantalla como convidado do ‘Comando chef’, o innovador programa de cociña da TVG.
Xosé Lois Bernal, máis coñecido como ‘Farruco’, é o convidado desta noite ao exitoso programa da Televisión de Galicia ‘Comando chef’. O xenial humorista, que na actualidade se achega as nosas casas a través do programa ‘Vivir aquí’, quixo compartir con nós a experiencia do seu paso polo progama.

Que lle parece a idea que levan a cabo con ‘Comando Chef’?


Como mínimo, orixinal, logo, entrañable. É unha fermosa maneira de pór en comunicación a xente da farándula coma min, con aquela xente que desde os seus fogares aplaude cada actuación túa.

Que foi o que pensou cando lle propuxeron participar en ‘Comando chef’?


O primeiro, ‘é de ben nacido ser agradecido’. Se eu vivo do aplauso e o cariño que me brinda a xente, non podo negarme a participar nun programa como este, e aproveito a ocasión para dar as gracias, tanto a xente que me apoia cada día, como a produtora, por esta oportunidade de achegarme un pouco máis ao meu público.

Cal foi a reacción do anfitrión cando o viu entrar pola porta do seu fogar?


Dentro da sorpresa, que sempre a hai, dicir que a miña anfitriona é unha muller moi lista, desta xente nosa, cunha gran sabedoría popular, e penso que xa me intuía cando lle comentaron como ía ser a noite.

Como foi a velada?


Transcurriu dun xeito moi fluido. A miña anfitriona é unha muller moi sabia, que desde moi nova viaxou polo mundo enfrentándose a vida e a noite estivo chea de contos; unha señora que falaba máis ca min, e mira que eu falo.

No que atinxe a cea, como calificaría o menú e a habilidade do chef?


Resultou moi saborosa, perfectamente condimentada e presentada. É de destacar que o elaborou en tan só unha hora e cos ingredientes que atopou na casa, dentro das limitacións que eso supón cando non esperas a ninguén.

Con que momento da noite se queda?


Coa noite en xeral. Todo resultou perfecto, a cea, o entorno, a conversa... Isabel Blanco é unha gran conductora coa que me une unha grande amizade e, a anfitriona, unha persoa entrañable, coa que é fácil conversar.

Repitiría a experiencia?


Sen dúbida. Todos foron moi amables conmigo, desde o conductor do Hummer que me levou ata a casa da miña anfitriona, ata os integrantes do comando, sempre pendentes de que nada me faltase.

Se vostede fose o anfitrión, con quen lle gustaría que o sorprenderan?

Con Castelao, para min é a miña guía, o meu sentimento está desde sempre con el. Elixindo a persoas que están entre nós, gustaríame cear cun vello mestre do Peleteiro, Benito Varela Jacome, que está algo delicado de saúde. Foi un gran mestre que me fixo querer as letras, deses profesores que lembras ao longo da vida.

Se se tivese que poñer no sitio dalgún integrante do ‘Comando chef’, cal elixiría?

O de Isabel, eu son bo comedor, pero mal cociñeiro. Ou, aínda mellor, o de anfitrión.

Te puede interesar