Ex futbolista que participa en ‘Comando Chef’

Patxi Salinas: ‘Foi unha experiencia marabillosa’

Patxi Salinas. (Foto: Arquivo)
‘Unha aposta por realizar unha televisión diferente’. Así define Patxi Salinas ao ‘Comando Chef’, no que participa esta noite. Para el, foi unha ‘experiencia marabillosa’.
O programa Comando Chef, da Televisión de Galicia, afronta hoxe un novo reto cun invitado moi especial, o ex-xogador de fútbol Patxi Salinas, que xunto cos integrantes do comando prepararán unha cea na que non faltarán as conversacións sobre a carreira profesional do defensa do Atletic de Bilbao e Celta de Vigo, ademáis do seu paso polo popular programa televisivo ‘Supervivientes’.

¿Qué lle parece a idea que ‘Comando Chef’ transmite ós telespectadores?

O programa é unha aposta por realizar unha televisión diferente, algo atípico a día de hoxe nas diferentes cadeas. Non é unha situación moi habitual, e é normal que tanto eu como a xente que aparece no ‘Comando’ Chef esté algo nerviosa, uns nervios que pasan a ser complicidade, amabilidade e confianza, para pasar un rato divertido e diferente.

¿Como definiría esta experiencia?

Realmente foi unha velada e unha experiencia marabillosa. A cea xurdiu nun ambiente cordial, divertido e aberto, cun matrimonio extremadamente amable e pendente de cada detalle, con conversacións amenas e divertidas. Realmente foi un momento moi especial para todos nós, ademais de divertido.

¿Que destacaría do traballo que fixo o ‘Comando Chef’?

O menú foi sorprendente pese a ter que preparalo en tan pouco tempo e co que había na casa. Espero que os espectadores disfruten do programa tanto como nós da cea. Houbo que improvisar á hora de cociñar, pero todo resultou mellor do que pensabamos, saíndo todo moi saboroso. Hai que pensar que o comando chega á casa e ten que facer o menú co que haxa, e ás veces non é nada doado; a improvisación é algo moi importante, polos 60 minutos que teñen para facela comida. Para min, o mellor foi o postre, un broche excepcional a unha cea especialmente grata.

¿Que foi o que máis lle interesou aos anfitrións da súa persoa? ¿Fixéronlle moitas preguntas?

Antes da cea tivemos unha charla previa na que pouco a pouco collimos todos confianza, e xa na cea os anfitrións empezaron a facer preguntas sobre o que lles gostaría saber de mín. Evidentemente, un dos temas estrela foi o fútbol, pero ela é unha gran seguidora de ‘Supervivientes’ e mostrouse moi interesada na miña experiencia nese programa, como vivimos aquelas circunstancias e todo o que supón una aventura dese tipo.

¿Como resumiría a súa intervención en Comando Chef?

É unha experiencia máis, que resultou tremendamente agradable e sorprendente. Ao principio estás preocupado por como vai a sair o programa, porque son descoñecidos e é unha sorpresa tanto para o invitado como para os anfitrións... e ao final daste conta do bonito que é coñecer a xente descoñecida, e que isto da pé a pasalo ben coñecéndoos, xa que hai moitas cousas das que falar e coñecer uns dos outros. O tempo do programa incluso fíxose curto, polo menos para min.

Te puede interesar