Actor e director de cine

Rubén Riós: ‘Gústame facer feliz á xente’

O actor Rubén Riós. (Foto: Martiño Pinal)
Este xoves, o ‘Comando Chef’ da TVG invita a cear ao actor Rubén Riós, encantado de darlle unha sorpresa a unha seguidora da súa traxectoria profesional.
O actor e director Rubén Riós abandoou por un día as súas múltiples ocupacións para acudir como invitado a cear co ‘Comando Chef’.

Cando lle propuxeron participar nun programa como Comando Chef, que lle pareceu a idea?

Cando me propuxeron participar en Comando Chef pareceume moi ben xa que a min gustame moito facer a xente feliz, e esta era unha boa oportunidade.

Como reacionou o dono da casa ao velo chegar?


Pois sorprendeuse moito de verme na súa casa comendo con ela. DÍxome: ‘Isto é como se saltaras da tele para estar aquí conmigo’. Fíxolle moita ilusión porque era fan, fan. Seguía a miña traxectoria dende antes de que eu me fixera coñecido ao público en xeral, cando saín en ‘Libro de Familia’.

Como foi a velada en xeral?


Moi divertida, moi amena e, sobre todo, moi doce pola boa comida que nos preparou André Arzúa, a atención de Rafa Durán e a profesionalidade de Isabel Blanco.

Con que momento se queda?


O momento máis especial para min foi cando a sorprendida se xirou e me viu na porta da súa casa.

Como estaba o menú elaborado polo chef?


O menú? Impresionante! Xa lle dixen a André que se quería vir vivir para a miña casa e me facía de comer así todos os días non lle cobraba aluguer. Pero non quixo.

Que lle pareceu a súa capacidade de improvisación?


Sorprendeume moito o poder de improvisación que ten todo o equipo do programa dende os que están detrás das cámaras como os que están diante. Xa que chegan a unha casa e teñen que montar todo sen coñecer o espacio. Eu pensaba que tiña que estar amañado, pero a improvisación é totalmente real.

Como se lle da a vostede o da cociña?


Sempre digo que de non ser actor creo que daría un moi bo cociñeiro. Dáseme moi ben. Aínda onte fixen unhas lentellas que estaban moi boas. Ademais teño unha virtude, as medidas, algo moi importante na cociña, fágoas a ollo e sémpre teño un bo resultado. Aínda que como di a miña avoa, a mellor cociñeira é a fame. Cando hai fame gusta todo. Pola miña profesión non teño moito tempo para cociñar, pero cando o fago, disfruto moito.

Que lle aportou esta experiencia?


Esta experiencia aportoume ver como a xente, neste caso a nosa sorprendida, disfrutaba coa nosa experiencia e por un momento o equipo de Comando e mais eu fixémola moi feliz. Encántame facer á xente feliz! Ademais, como profesional, tiven a oportunidade de ver como o equipo se desenvolvía nun contexto tan difícil, no que, como xa dixen, a improvisación era real.

Tendo en conta a súa experiencia no mundiño audiovisual, que lle parece o formato de Comando Chef?

Moi orixinal, arriscado e sobre todo un programa moi, moi próximo, onde ten toques de realiti con culinarios, humor e no que non faltan moitas, moitas sorpresa.

Te puede interesar