LO VEO

Mamaié: aposta pola artesanía

2020072412301565132
A firma ourensá Mamaié evoca ás lembranzas das mulleres costureiras ó longo da historia creando complementos nos que a orixinalidade e coidado dos materiais e os deseños contribúen a crear pezas únicas co “feito a man” como lema da súa producción

Cal é a historia do proxecto Mamaié?
Mamaiè nace pola necesidade de reinventarse e apostar por un cambio na miña profesión. Espertando a inquedanza de crear complementos na aventura da costura dunha maneira autodidacta. O nome de “mamaiè” significa nai, avoiña, o cal evoca os recordos e rende homenaxe a milleiros de mulleres que crearon e coseron ó longo da historia.

Cal é a filosofía da marca detrás de cada peza que confeccionas?
Todas as pezas que confencciono teñen algo que as distingue, as súas teas, colorido e os deseños orixinais. 

A marca caracterízase pola artesanía. Que valor lle aporta isto a cada peza?
Cada peza que  fago é como se levase unha parte de min nelas, xa que invirto moito tempo na elección, a combinación de teas distintas e orixinais, apostando na medida do posible polo comercio local, coidando moito a calidade dos materiais e os acabados.

Como ten ido evolucionando o peso da artesanía dentro do mundo da moda e os complementos? 
Cada vez hai máis xente que escolle traballos artesáns e únicos que se diferencian das grandes marcas.

Facedes deseños personalizados para grandes e pequenos. Cales son as principais demandas? 
Fago deseños personalizados, pero a maior parte da miña producción é con ideas e deseños propios. O producto estrela son as mochilas.

cando falamos de  tendencias en moda adoitamos centrarnos nas prendas de roupa. no caso dos complementos, estas tendencias Son tan cambiantes? Quen dirías que as marca?
Márcaas o mercado, pero no meu caso a liña de complementos que eu fago seguen un estilo propio que me caracteriza. Se me tivera que enmarcar nun estilo sería bohémico,étnico.

en mamaié Contades cun cliente definido? Cal é o estilo da xente que compra as vosas pezas?
A característica principal dos meus clientes é que valoran e aprecian o traballo feito a man.

De onde xorde a temática para cada colección?
Inspírome no que me din as teas para os diferentes deseños. Non fago deseños inspirados no que está de moda ou non, as miñas pezas intentan sairse un pouco do que xa podes atopar no mercado

Como é o proceso de trasladar unha idea creativa a un complemento? 
Segundo o modelo que sexa busco a tea que máis me convenza para el e traslado a idea a corte e confección.

E o proceso de abrirse paso cun proxecto hoxe en día dentro da industria? 
A miña idea non é colarme na industria textil como tal, perdería a filosofía do meu traballo, que está mais vinculado a produccions pequenas e ó artesanal.

Por onde cres que pasa o futuro dos complementos dentro do mundo da moda?
Por mercados e tendencias alternativas, para saírse un pouco do común, buscando pezas diferentes e únicas.

Que papel ten que xogar a artesanía dentro deste futuro?
Ten que supoñer un cambio no consumo, apostando polo comercio e artesanía local, e mais vinculada ás pequenas e pequenos emprendedores, artesás e artesáns e á economía social.
 

Te puede interesar