LITERATURA

Celia e a guerra

Dibujo
photo_camera "Celia en la revolución", Elena Fortún.

Un libro que quedara inédito (a súa autora, Elena Fortún, morrera en 1952, logo dunha vida marcada por traxedias varias, nada alleas na súa tona á circunstancia da guerra civil) ata que Marisol Dorao recuperara e transcribirá o manuscrito.

Eu lía os libros de Celia (Matonkiki, Cuchifritín, Paquito, etc.)ao se deixar de editar aquí. Anos cincuenta, cando o que de verdade lían os cativos da época (os que lían, minoría inmensa sempre) era a Richmal Crompton (Guiilermo e demais “Proscritos”) e a Enid Blyton. Pero Celia, miñaxoia, naqueles libros con capa de cartoné de Aguilar, estaba xa destinada ao esquezo nun armario dunha miña tía. Ah, pero logo, anos oitenta, veu a televisión facer serie de Celia e no seu ronsel reeditáranse os seus libros. E tamén, 1987, Celia en la revolución, editado tamén por Aguilar. Un libro que quedara inédito (a súa autora, Elena Fortún, morrera en 1952, logo dunha vida marcada por traxedias varias, nada alleas na súa tona á circunstancia da guerra civil) ata que Marisol Dorao recuperara e transcribirá o manuscrito.

Ese libro, que literalmente devoráramos os “ceiladictos”, no que se narraban os avatares dunha nena de quince anos no devir dun bando, o republicano, camiño da desfeita, volve agora, trinta anos despois. Noutra editora, Renacimiento, e da man dun perito como Andrés Trapiello. Quen dispón de máis datos sobre Elena Fortún (en puridade Encarnación Aragoneses); moito máis que unha autora de libros para cativos.

Desde aquela a biografía de Fortún ten medrado, incluíndo a súa relación amorosa con Matilde Ras, a grafóloga. Tamén a seguridade de que a guerra civil foi a salvaxada, por ambos bandos, que vemos a través dos ollos de Celia. O único que ela, filla e neta de republicanos (o abó fusilado os primeiros días da sublevación, en Segovia), ve arrepiada o horror do verán madrileño de 1936. E logo as fames e doenzas, ¡e bombardeos da aviación franquista!, en Albacete, Barcelona, Valencia. Daí ao exilio, Celia “alter ego” da súa autora, e seu pai, aviador republicano, do marido desta (suicida no desterro arxentino), cando xa nin esperanza quedaba, e a “Internacional” e o “Himno de Riego” nun ómnibus tentaban inxectar máis forzas a unha xente tan famenta como desmoralizada. A fame, tan recorrente na literatura española, protagonista obsesiva desta historia tremenda. Outra cara da moeda daquela cativiña, Celia, tan feliz nos anos anteriores a todo o que aquí se nos volve contar.

Te puede interesar