RABO DE NUBE

Chámase autoficción

Nun libro que acaba axiña de máis (non chega ás centocincuenta páxinas) e deixa no ar a sensación de que falta moito por contar, mais o que nos di Rossana Campo, poisque tocado polo don da elipse, compre as expectativas

Anda o persoAl alebrestado cos escritores que nos queren contar a súa vida sen camuflaxes (prácticamente) sen disimular (en absoluto). E é que a xente lectora precisa, ao ben visto, facerse a ilusión de que o autor é un ente aséptico e, a maiores, obxectivo, quen de recriar nas novelas criaturas en verdade de ficción, esquecendo a frase de Gustave Flaubert cando, farto de que lle preguntasen pola personalidade, de Emma Bovary dixo aquilo tan rotundo de: “Madame Bovary c´est moi”. E ela mesma é a Rossana da última novela da autora italiana Rossana Campo, quen –xa no propio título do seu libro- non nos engana, para proceder desde o principio a se mergullar na procelosa mais divertida relación que tivo co seu pai, un badulaque de orixe xitana (como a nai), procedente do Sur de Italia, exercente, ata que o botan do choio logo dunha xeira dipsónama, como “carabiniere”, individuo nugallán e vandallo, morto logo dunha chea de doenzas derivadas da súa afeizón ao alcohol (e ningunha ao traballo “serio”). Pois ben, para contar esa relación (nada kafkiana, o da Carta ao pai, refírome)  Campo non bota man de artificios novelescos, sinxelamente, emprega o material propio, as vivencias dunha vida non moi longa (de momento, a Campo naceu en Xénova, en 1963 e agora vive entre París e Roma), para dar puntadas no traxe que cubre a relación paterna-filial. Desde un comezo definitivamente lírico; o título, tan sabedor e sabido, anuncia o que axiña veremos, Rossana conta e analiza a nenez dos cativos, que como seus país, vivirán o fascismo, e as invasions tedesca e americana, máis a dura posguerra. Por aí a comprensión e a empatía co que terá de vir despois.

Nun libro que acaba axiña de máis (non chega ás centocincuenta páxinas) e deixa no ar a sensación de que falta moito por contar, mais o que nos di Rossana Campo, poisque tocado polo don da elipse, compre as expectativas. Ao menos das que, coma mín, coidan que a autoficcíon cubre moitos ocos, chega a moitos entobos, pouco doados de cubrir pola narrativa convencional. A que pide criaturas inventadas sen se decatar de que Cervantes era o Quixote, Flaubert, xa se dixo, Emma Bovary e Rossana, ben traducida desta volta por Mercedes Corral, Rossana Campo.

Te puede interesar