Escolares e escolantes

visd_0001jpg08vb6_result

Este libro, en puridade tres nun, unha novela (de Nikolái Pomialovski), un conto longo (de Valentin Rasputin), unha película (de Andréi Konchalovski), ten que ver coa escola rusa.

Por máis que no caso de Pomialovski a historia que nos conta teña lugar nun seminario (e os profesores non sexan senón escolantes, ou sexa pouco máis que mestres das silveiras ou do ferrado), sendo a protagonista do conto de Rasputin, non confundir co monxe do marras, unha profesora de verdade (nas maneiras, no concepto). A película de Konchalobski, O primeiro mestre, de 1965, trata dun ensinante, devoto de Lenin, destinado nunha aldea de Kirguistan na que pretende imbuir aos cativiños ao seu cargo unha adoración cega aos principios que o moven. Un conxunto do máis sabedor (e sabido), con escritores do XIX (Pomialovski) e o XX (Rasputin), e un cineasta inconformista, a facer películas nun país cunha censura severísima (na forma, na doctrina), que nos ilustra sobre unha cultura abondo descoñecida. Porque se quitamos Dostoievski (de quen Pomialovski fora amigo e admirador), Tolstoi ou Chejov (Gogol, Pushkin ou Turgueniev máis lonxe), na primeira fornada, e Pasternak, Solschenizyn e –se cadra- Sholojov, o descoñecemento da literatura rusa entre nós é manifesto. Por iso a importancia do xesto dunha editora, Mishkin Ediciones, que ousan dar un paso adiante con autores que non deberan pasar desapercibidos. Para mín foron todo un achádego veraniego, desfrutando na miña hamaca lanzaroteña desta regalía editora. Traducido, nun traballo esforzadísimo, Pomialovski por Fernando Otero. E Rasputin, por Esther Arias Valor. A película, claro, tiven de vela no hotel, fascinado coas imaxes deseñadas por Konchalobski. E por certo que tan benemérita editora, editan que dá xenio, anuncian ou teñen publicado xa temas monográficos, sempre dous títulos e un filme. Sobre pallasos, dictadores, infernos, realismo vulgar, empregadiños, etc. No tema dos clowns, por exemplpo, a triada que nos presenta Mishkin insire Jack el payaso, de Hialmar Bergman, Los dos payasos, de César Aira, e como complemento cinematogràfico, Los clowns, de Federico Fellini. Unha idea ben curiosa que xunta belezas.

Te puede interesar