Festexo catártico en Ou

Fillas de Cassandra prometen “un festexo colectivo y catártico” para o concerto que ofrecerán o 24 de maio no OurenSound Fest, que terá lugar no Complexo Deportivo de Monterrei, en Pereiro de Aguiar 

Como “un convite ao festexo colectivo e catártico” ofrecen Fillas de Cassandra o seu flamante disco “Últimas Dionisíacas”, rexistrado en vivo na xira de presentación do seu debut “Acrópole”. Porque María SOA e Sara Faro teñen unha proposta musical e escénica que, no caso da súa inminente actuación en Ourense, o 24 de maio no marco do OurenSound Fest, esperta gran expectativa tanto de parte da dupla que sabe mixturar o tradicional co pop e o techno como do seu empático público. “Cando tocamos o ano pasado foi unha sorpresa para nós atoparnos a tanta xente que nos acompañou nesa praza e que cantou con nós -detallan as viguesas-. Tocar este ano coa xira de ‘Últimas Dionisíacas’ é moi emocionante e estamos desexosas de compartir con Ourense estes últimos festexos dentro da ‘Acrópole’”.

Desde o inicio da vosa carreira lograron unha especial empatía cun público que se multiplicou nunha forma meteórica. Pode influír nesa empatía e repercusión, o feito de replicar unha copla tradicional, á marxe de que se somen elementos da electrónica?

Mirando agora con perspectiva, cremos que o que influíu principalmente nas persoas que empatizaron nos concertos e seguiron dende entón de preto a nosa carreira, foi a sinceridade coa que mostramos tanto as composicións musicais como as persoas que eramos e que somos. Que foran algunhas das cancións extractos de coplas tradicionais o sonoridades que se achegan a nosa raíz dende logo foi tamén un elo firme que nos uniu a moitas das persoas, así coma a mensaxe das letras. Aínda a día de hoxe seguimos impresionadas coa acollida e co seguimento das persoas para co noso proxecto e o que queremos e seguir partindo da sinceridade e do que a nós nos gusta facer, sen prexuízos nin condicións. 

Nos últimos anos multiplicáronse os grupos integrados por mozas, con moitos matices musicais e ideolóxicos. Cal é o risco de que este fenómeno convértase nunha moda e, en consecuencia, se desvirtúe a mensaxe?

Pode ser moda, pero é realidade, que consideramos que é o máis importante. Que existan cada vez máis grupos de mulleres, que por ende son exemplos que deixan poso na historia da música e que por moi moda que puidera ser, vai quedar xa plasmado para sempre, é o suficientemente importante para que a mensaxe cale.Consideramos que hai xeitos de dicir as cousas que de repetilas se desvirtúan, pero non por iso deixan de ser verdade e atoparanse outras maneiras de expresalo e que siga calando.

Te puede interesar