LITERATURA

Ficción autobiografiada

20190724111423065_result
“Cosas que no quiero saber” fala do desenvolvemento persoalda autora, Deborah Levy, e da ssúa búsqueda de respostas nun mundo cheo de preguntas, dúbidas e inquedanzas.

Falaba a semana pasada dun libro de Margarita García Robayo abeirado no (posible) selo da autoficción. Asunto tan en voga hoxe que tal semella que non tivese existido nunca. Eu, por certo, son dos que adoitan confundir/misturar Don Quixote e Cervantes, se cadra pola “triste figura” (os derradeiros vivires de Don Miguel foron, en verdad, mortes en vida), de maneira que a polémica de onde acaba o criador e comezan as súas criaturas é vella como o mundo. E

para botar máis leña na fogueira vén de aparecer o primeiro tomo dunha “autobiografía en construcción”, da autora británica, procedencia sudafricana, chamada Deborah Levy. De orixe xudea e filla dun home encarcerado, en Sudáfrica, por pertencer ao Congreso Nacional Africano, nos tempos do apartheid. De maneira que este home, unha vez que fica en libertade, marcha coa súa familia a Inglaterra, onde transcorre a preadolescencia da autora, unha cativa dobremente expatriada (da patria, da nenez). Por aí os primeiros disparos dun libro que arranca coa experiencia da rapaza que chora nas escaleiras mecánicas das estacións ferroviarias. Xa desde esta toma de posición literaria ímonos decatar de que Levy non anda con brincadeiras nin liñalidades. Mais cunha escrita moi sería e transversal, no que a presencia

de Mallorca (Chopin e George Sand, no telón de fondo) apenas é un troco de ritmo, e non soamente xeográfico, a unha autobiografía, non sei se exactamente novelada, mais beireada pola ficción. “Auto”, xa que logo, non deixa de ser un pretexto para que a primeira persoa, coa forza que esta adoita ter, marque o ritmo dunha chea de reflexións peneiradas cun estilo (e léxico) delicadísimos (estamos diante dunha escritora que brosla o concepto con suma beleza)

que nos levan pola Sudáfrica racista, a Inglaterra fríamente acolledora, pola España turistíca “ma non troppo”, desde unha ética e unha estética definitivamente orwellianas. E é que Debrah Levy, dígase xa, fai -e fai ben- por acollerse ao gardachuvas do inmenso George Orwell. O de “Rebelión na granxa”, si, mais dun libro precioso, “Down and out in London and Paris” que nos fala do seu errar por estas dúas cidades. Debora Levy, como Orwel, tamén erra. Mais acerta.

Te puede interesar