CON TEXTO

Futbolerías con criterio

20161024183005737_result

O volume que temos diante vén precedido dun prólogo ilustrador e ilustrativo de Sergio Sauca

Manuel Mandianes (Loureses, 1942) é un dos antropólogos españois máis coñecidos e recoñecidos. Con efecto os seus libros, artigos, maxisterio desenrolado a través de múltiples plataformas, dan testemuña do labor dun mundo ao que nada do humano lle resulta alleo. Desta maneira, amante do fútbol e seguidor teimoso dos seus avatares, ten afondado no “deporte rei”, de xeito que o seu traballo de campo, e nunca mellor dito, resulta neste libro imprescindible para quen desexen coñecer as costuras e os pespuntes do deporte do balón.


O volume que temos diante vén precedido dun prólogo ilustrador e ilustrativo de Sergio Sauca. Quen nel viaxa alén do pretexto amigable para deixar ben ubicadas as bases do que o lector vai atopar neste ameno, pero tamén científico (e xa que logo rigoroso) percorrido por seareiros, tribos, futbolistas, managers, estadios, factores económicos e políticos e demais choios que centran unha das maiores inquedanzas mundiais.

Referido, sobre todo, á porción maculina do globo terráqueo. Por máis que cada vez aparezan máis mulleres noe estadios (se novas e bonitas, como ben sinala Mandianes, enfocadas polas cámaras televisivas nas retransmisións). Ese, por certo, as mulleres guapas, sobre todo se son modelos, semella nidio obxectivo dos novos gladiadores; iso e non outra cousa son os ases do balón hoxendía, quen devecen polas mulleres sexi, polos autos de alta gama e polas “villas” de alto standing como ben sinala Mandianes nunha das súas moitas referencias, que orzan e argumentos e documentación moi ben manexadas o seu tratado.

Que é o que resulta ser en puridade este libro ameno e ilustrativo, que se escora ás veces (no tratamento, digo) ao caso do Barça. Por dúas razón, porque “es més que un club”, e dá moito xogo para o tema político nacionalista (Laporta, Rossell e demais) e porque Mandianes coñece de perto a realidade catalana.

E é que Mandianes nutre o se discurso de proximidades: con peñas, peñistas, tribos, etc. Facendo do seu un traballo de campo, xa se dixo, cheo de preguntas e respostas. O libro, en fin, dívidese en pequenos apartados, a xeito de secuencias que mudan o conxunto nun volumen coherente. E, xa que logo, moi recomendable.

Te puede interesar