LITERATURA

Jardiel de ida

20170214190519160_result

Poucos autores que a partir dun xénero aparentemente menor, cal é a comedia, merezan o calificativo de clásicos, como Jardiel Poncela

Poucos autores que a partir dun xénero aparentemente menor, cal é a comedia, merezan o calificativo de clásicos, como Jardiel Poncela. E nesa condición as súas funcións volven unha e outra vez aos teatros, nunha aposta clarísima polo que o público pide, festexa e celebra, facéndoo propio, entranándoo, pois. E porque adoito levar adolescentes, alumnos meus, ao teatro, é notorio como desfrutan coas “jardieladas”, talmente escritas para hoxe, ou para mañá, e olla que Jardiel morreu nos arredores de cando eu nacín, alá polo 1950, xa que logo.

E o conto é que Jardiel Poncela está estes días nun teatro nacional, o María Guerrero en versión interposta. Por Ernesto Caballero, sempre atento ás razóns -¡e as verdades- teatrais. Digo isto porque esta función, a partir dunha obra de Jardiel, Un marido de ida y vuelta, e debuxando o personaxe que nunca existira a Eloísa de Eloísa está debajo de un almendro, mais a incorporación do propio Jardiel Poncela, vivificado por Jacobo Dicenta, é unha mistura de elementos, un “blend” que provoca sorrisos, risos e gargalladas, sempre desde a tenrura proxectada sempre por Jardiel. Un transgresor, un anarquista de dereitas, como alguén o ten definido, namorado das mulleres coas que convivía e tiña fillas, Evangelina, Mary Luz, sen casar con elas. Isto último do máis pecadento para a moral pacata e hipócrita da época. Por iso, porque era un home de mil pezas, ¡que medo dos que son dunha sóa!, Jardiel foi acusado por uns e por outros. Cando na función de Caballero a platea (reproducción escénica perfecta do María Guerrero, aínda que en pequeno, como é natural, e a se mirar nun espello) reprocha a Jardiel-Dicenta as súas proclividades falanxistas, que o levaron a ser apupado no Uruguai durante a nosa guerra, este adopta un ton melancólico para queixarse dun país –este- onde nunca hai matices, Onde o azul é azul, sempre, e o vermello, vermello.

O contrario que este home madrileño, pequeno e mulleriego, vividor, tamén do Hollywood máis intenso, o dos anos vinte, morto pouco menos que na indixencia. Mais otempo a devolverlle canto lle fora roubado. Por iso Enrique Jardiel Poncela xa ten categoría, que non anécdota, de ser todo  un clásico. Por iso sempre de ida.

Te puede interesar