CULTURA

Lorca na súa voz

20180125183353161_result
photo_camera Una imagen de Lorca.

“Palabra de Lorca” é un compendio gustoso da categoría humana e artística daquel prodixioso poeta que non gustaba das entrevistas, por maís que as veces pedise revisión previa

Na súa voz transcrita en entrevistas, reportaxes ou glosas porque –curiosamente- se ben temos gravacións de García Lorca pianista, foino, e no dos peores, acompañando en disco a “La Argentinita”, amante que fora do seu íntimo amigo, Ignacio Sánchez Mejías, non sabemos como sería a tonalidade da súa locución, senón a través das testemuñas escritas de quen o trataron.

E non obstante, a súa obra á parte, onde podemos ver con toda claridade a súa figura, personalidade, tendencias e ideoloxía, Lorca deixou moitas pegadas persoais en xornais e  revistas da época, de España e dos países de fala hispánica polos que trasitou, maiormente megullado en materias teatrais. Pois Lorca, ademais de poeta grande, estivo vencellado sobre todo aos escenarios. E nesa condición, ben que entre compañías profesionais ou con aquel invento prodixioso de teatro afeizoado chamado “La Barraca”, andivo dun lado para outro, con amabilidade extrema para quen quixo dar noticia ou simplemente parolar con el. 

Por iso este libro, compendio gustoso da categoría humana e artístistica (para o caso, o mesmo) daquel ser prodixioso chamado Federico García Lorca. Un home que non gustaba –seica- das entrevistas, mais que –para a época- foi moi pródigo nelas, por máis que as veces pedise revisión previa. Aquí, en fin, xorden todas. Xunto a colaboracións e prensa, así a súa primeira “cuartilla” para un diario granadino (1922).

A derradeira entrevista foi a que lle concedera a Luis Bagaría, xa en 1936. O resto do libro, edición de Inglada e Victor Fernández, con prólogo de Christopher Maurer, son glosas de FGL. Algunhas tan valiosas como as de Martínez Nadal, Cipriano Rivas Cherif ou o noso Eduardo Blanco Amor, fotógrafo que foi de Federico na súa Huerta de San Vicente, en Granada.

Onde fora o crime, por dicilo con palabras de Antonio Machado. Un volume valiosísimo que non deberá perderse os lorquianos ou, simplemente, os interesados na personalidade dun dos nosos fitos literarios. E artísticos. Non esquezamos o seu papel como folclorista, que tamén se deixa ver neste compendio de saberes e sabores, anécdotas e categorías. Que vén acompañado dun arsenal de documentos gráficos igualmente de moito ringorrango.

Te puede interesar