La Revista

Un monumentoUn monumento

La Revista

LA REVISTA

Un monumentoUn monumento

Carátula do libro "Terro y Utopía. Moscú en 1937".
photo_cameraCarátula do libro "Terro y Utopía. Moscú en 1937".

Un estudio categórico  sobre o ano aquel, 1937, tan arrepiante no que a vella esperanza dos revolucionarios de todo o mundo resultou ser un fiasco represor

Semellante ao dos Pazo dos Soviets, de Borís Iofán, na súa altura, ás proezas dos aviadores soviéticos nos seus vóos, á harmonía musical e literaria que (malia todo) aqueles tempos oprobiosos tiveran, xorde diante nosa un volume exemplar asinado por Karl Schlögel. Un estudio categórico (aínda que nel salten as anécdotas como salmóns nunha escada salmoeira) sobre o ano aquel, 1937, tan arrepiante no que a vella esperanza dos revolucionarios de todo o mundo, cando a pantasma aquela que percorría Europa, á que Alberti chamaba “camarada”, resultou ser un fiasco represor.

Unha serpe repulsiva, pletórica de aneis no que cada un papaba ao seguinte, nun percorrido tráxico no que non se salvara nin a muller de Stalin, ela mesma suicida. Suicidas, fusilados, desterrados, presos de por vida, torturados, xente movida da súa terra a prol da forxa dun “home novo”, forman a terrible estadea que fundamentaba aquela nación de nacións, quen aínda así de bater no lombo da besta nazi, agonizante desde Stalingrado. Volgogrado agora, como San Petersburgo logo de estar á sombra de Lenin, a retomar o nome primitivo.

Lendo este libro inmenso, tan cheo de vontade literaria como a invocación a Bulgákov do principio, un non  pode senón sentir unha carraxe absoluta ao tempo que a meirande das canseiras por ser home. Estou parafrasando, claro, a Neruda, “sucede que me canso de ser hombre”, cantor el mesmo da gloria de Stalin. Mais acontece que Stalin, o “Koba” da patética carta de Bujarín, vello camarada do dictador a pedir na misiva a clemencia que lle sería negada, non era máis que un anel na cadea de horrores. Librouse en vida, ben podería ter caído na súa propia rede, mais logo de morto habería pasar pola desestalinización presidida polo antaño cómplice, Nikita Jruschov, outra vaca no millo. Porque aquí, libro tremendo, non se salva nin Dios. E por certo que as vítimas da persecución relixiosa na URSS nesa época, non chegan aos mil asesinados.

Aquí, neses anos, guerra civil no medio, caeron máis de sete mil (cregos, frades, monxas, seglares). Un dato de cómo a historia da infamia, diría Borges, é universal. Un libro monumental, traducido do alemán, con rigor e vontade de estilo, por José Aníbal Campos.

Más en La Revista

La Revista

“Aves de presa”

La presencia de Margot Robbie es lo único relevante de una cinta que se obceca en un mensaje de empoderamiento femenino que no aporta nada al…
Comentarios