Rabo de nube

Noticias del gran mundo

photo_camera Imagen de la película.
Un western que muda nunha road movie que protagoniza Tom Hanks, ductilísimo actor. un asunto lírico-épico, resolto en claroescuros que dan máis forza estética a un tema nitidamente ético, o dun vencido que se abre paso entre a natureza salvaxe

Pois que esta plaga “maladetta” quere acabar con todo, distinto que o consiga que os humanos somosche duros de pelar, o cinema que frecuento vén de pechar as portas, chamándolle ao pechar temporal, hibernar. Está ben o verbo, porque en puridade andamos a facer o oso coas mascariñas, algunhas moi patéticas. Daquela a última fin de semana con películas de estrea fun aprovisionarme de material e batín coa más recente de Tom Hanks. Traducida ao español cun extraño “Noticias del gran mundo”. Sendo así que o título orixinal di “News of the world”, de maeira que ese “gran” está de máis. Digo eu. 

E por certo que vin a película en inglés con subtítulos, e é que o que pide a voz de Tom Hanks, enxoita, serena, cun ton opaco, cun aquel de sequidade, se cadra a máis vigorosa dos actores vivos de fala inglesa. Da española paréceme que a máis chamativa do momento é a de José Sacristán (seguidor do inesquencible Fernán Gómez). Pois ben, desta volta o Tom Hanks, nun filme dirixido por Paul Greengrass, fai dun capitán da recente guerra de secesión americana, adicado ao rol de ler para públicos analfabetos as novas debidamente escolmadas dos xornais do tempo. Semellante choio lembra o de lectores para elaboradoras de cigarros nos enxeños cubanos, como o que inspirara aquela memorable función teatral, “Ana en el trópico”, de Nilo Cruz. O conto é que o capitán Jefferson bate cunha nena orfa, de orixe tedesco, moi boa quen a interpreta, a actriz xermana Helena Zengel, a quen tentará de levar a quen lle queda de familia. Isto muda tan ben argumentada película en “road movie”, con moitas cousas de “western”, no momento, no deserto texano, en terreo con indios, mexicanos e -non se esqueza- derrotados polos ianquis na moi recente guerra civil. 

Entón semellante historia, a partir dun acto filantrópico, de quen ten detrás unha desfeita sentimental, acada a lírica que moitos veces aparece logo da épica. Que isto é a última película de Tom Hanks, ductílisimo actor, un asunto lírico-épico, resolto en claroescuros que dan máis forza estética a un tema nidiamente ético. O dun vencido que se abre paso entre dos dominios dunha natureza selvaxe. E é que o humano termina sobresaíndo, aínda que primeiro teña que hibernar.

Te puede interesar