rabo de nube

Novela/ película

La-buena-esposa-pelicula_result
photo_camera Fotograma de la película.

Hai malas novelas que dan boas películas e boas novelas que foron adaptadas en películas ruins. Non é o caso desta historia, a boa esposa, escrita por Meg Wolitzer e rodada por Björn Runge

Hai novelas malas que dan películas boas, Lá foi co vento (en español, Lo que el viento se llevó), ou boas novelas (moitas de Juan Marsé) que acaban en filmes ruíns (Últimas tardes con Teresa, poñamos). Ás veces hai varias versión dunha sóa novela, Anna Karenina, ocórreseme, con resultado dispar; persoalmente prefiro a protagonizada por Greta Garbo e Frederic March. Mais o evidente é que cinema e literatura, desde os comezos de aquel, apenas teatro filmado, teñen moitos puntos en común. Aínda que ás veces o percorrido presuntamente paralelo atope “detours” ou desvíos.

Pensaba nisto logo de ver La buena esposa (de Björn Runge) que me levou acto contino á lectura da novela homónima, aclaro que o título orixinal é The wife, nada de bondades, pois, de Meg Wolitzer. Unha historia espléndida que na película atopa unhas cantas variacións e menos dramatismo (e sendo do humor) verbo da narración orixinal. Certo que a linguaxe cinematográfica é outra cousa, precisa dunha meirande economía expresiva e –para o caso- conta con dous actores como son Glen Close e Jonathan Pryce, artífices dun duelo interpretativo (recomendo a VOS, para mellor captar canto teñen que nos dicir; moito).

Na novela, en cambio, temos que imaxinarnos a Joe a Joan, a esta no seu soliloquio arrebatado e sorprendente e moi ben construido (e sostido, sen caer nunca na choromicada, por máis que o seu sexa un pranto) ao longo de máis de duascentas páxinas. A historia que se nos conta, xa se sabe, é a da muller que está detrás do telòn, pero que é moito máis que o decorado. Sendo o arranque do drama a concesión da entrega ao home dun importante premio literario en Helsinki (na película o Nobel, en Estocomo, desde logo).

Detrás deles a sombra delongada dun home (máis acentuado no filme que no libro) que anseia escribir a biografía da súa “obsesión”. Á parte os fillos, de Joan e Joe, tres na novela, dous na película. Máis desenrolados literaria que cinematográficamente (de novo a economía expresiva da séptima arte, que din). Así e todo un par de choios interesantísimos que aconsello ver e ler. Eu vin primeiro e lin despous, descubrindo unha autora, esta Meg Wolitzer, da que xa non vou poder prescindir. Porque escribe como os anxos.

Te puede interesar