con texto

O escritor mais galán

Lope de Vega.
photo_camera Lope de Vega.

Esta biografía quere ser agulla e mapa, un instrumento que axude a convertir a figura que nos legou a tradición en algo abarcable,  nun home. Eso sí, un home lexendario que dominou os escenarios españoles durante medio século, 

Compría levar adiante unha biografía de Lope de Vega, como esta que teño diante miña. Que se ocupase, ao tempo, da súa vida –tan chea de avatares- mais tamén da súa obra, nunha linguaxe sinxela e directa, que non rexeitase os aspectos académicos do choio pero que tampouco deixase á marxe a crítica, cando fose preciso, “de batalla”. De maneira que ao combinar ambos elementos Antonio Sánchez Jiménez acada un libro cheo de estilo e concepto, cousa pouco doada nesta clase de volumes. Para o caso reflexión sobre unha vida “de novela”, sobre un home sumamente mulleriego (mesmo cando se fai crego, e non soamente para se gañar unha vida chea de compromisos, como esposo, amante, pai) pero tamén cun cabaleiro loitador. Non tanto coa espada como coa pluma, que o levaría logo duns poemas de maldicir contra de quen fora súa amante, Elena Ossorio, e a familia desta, ao desterro, oito anos de Castela, dous de Madrid.

Isto último debeu de danar especialmente a un dos escritores máis madrileños que nos dera a capital. Agás nos anos en que marchara a Valladolid (impronta en Lope, certo, máis tamén en Góngora, Quevedo ou Cervantes). Todos eles presentes, como fai constar Sánchez Jiménez, na vida (ás veces tamén na obra) do autor de “El castigo sin venganza”, por exemplo. Por citar unha obra dun Lope serodio que nos revela as razón de ser dun clásico. Que mesmo cando cae en choios pouco exemplares, cando fai de celestino, mesmo de “negro” para un lampantín cal o Duque de Sessa, ten unha elegancia na súa escrita, incluindo as cartas persoais que lle manda a seu protector, ben chamativa. E que Lope era moito. Como dramaturgo, novelista, poeta como analiza polo miúdo neste libro, tan exemplar como o galán nel estudado, Antonio Sánchez Jimenez, catedrático de Literatura Española na Université de Neuchâtel (suiza). E, se cadra, o mellor coñecedor de Lope de Vega no momento actual. Do que dá proba este escrito, no que escribe de todo (Lope) para todos. Con esa sinxeleza, citemos a Ortega y Gasset, que é a cortesía do filósofo. Mudemos filósofo por escritor e voilá! Veleiquí un ensaio fermosísimo que se le, case, case, como La Dorotea, ese portento de autoficción dun dos autores españois máis portentosos.

Te puede interesar